Concello de Cedeira - BOP
Fecha Jueves, 19 diciembre a las 23:24:13
Tema PHP-Nuke


Anuncio de aprobación inicial do presuposto do exercicio 2014 e do catálogo de postos de traballo

Na Intervención deste Concello e conforme dispoñen os artigos 112 da Lei 7/1985, do 2 de abril, e 169.1 do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, áchase exposto ao público o expediente sobre presuposto do exercicio 2014, aprobado inicialmente pola Corporación en Pleno en sesión celebrada o día 18 de decembro de 2013.

Do mesmo modo se anuncia que no mesmo Pleno aprobouse o catálogo de postos de traballo.

Os interesados que estean lexitimados segundo o disposto nos artigos 63.1 da Lei 7/1985 citada e 170.1 do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, ao que se fixo referencia, e polos motivos taxativamente enumerados no número 2 do devandito artigo 170, poderán presentar as reclamacións e suxestións que estimen pertinentes ante o Pleno por un prazo de quince días hábiles a partir da data de publicación do presente anuncio no Boletín Oficial da Provincia.

Cedeira, 18 de decembro de 2013.

Asdo.
O alcalde accidental
Alfredo Vilela Santalla

Link: BOPONLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=2323