PROPOSTA DO G. SOCIALISTA - MAIORES
Fecha Jueves, 19 diciembre a las 16:24:26
Tema PHP-Nuke


ASUNTO: Desenvolvemento do punto PRIMEIRO da solicitude de PLENO EXTRAORDINARIO cuxo título reza “PROPOSTA DO GRUPO SOCIALISTA SOBRE USO POR PARTE DOS MAIORES DE INSTALACIÓNS MUNICIPAIS.”

EXPOSICIÓN

1. A decisión do PP, de trasladar o centro de maiores á Praza Roxa crea un problema onde había tranquilidade.

2. Oitocentas firmas son una mostra evidente do malestar social.

3. A accesibilidade do actual centro de maiores satisfai as normas máis esixentes.

4. A enorme inversión que o pobo de Cedeira levou a termo nas installacións do auditorio, esixe responsabilidade dos poderes públicos.

5. Os nosos maiores poden, sen esforzo, acceder ás actividades culturais que se realicen no auditorio e aos actos relixiosos que se realizan enfrente.

6. Teñen espazos para todo tipo de actividades.

7. O noso centro de maiores conta cun espléndido sistema de climatización, iluminación e cociña,…

8. A cesión, construcción e suvencións do auditorio, realizouse coa condición de que houbese un uso inequívoco por parte da xente maior.

9. O PP ten a obligación de explicar os motivos polos que deciden alugar un novo local, sen concurso público, contra o sentir da xente maior, co reparo do Interventor, contra o sentido común e cunhos custos que unha sociedade en crise non pode soportar.

10. A ausencia de claridade fai temer intencións inconfesables. O PP ten que explicar que se propón facer coa magnífica cafetería do auditorio.

11. Non existeu diálogo por parte do goberno municipal nin cos interesados nin cos grupos que forman parte da corporación.

Por todo elo, o GRUPO MUNICIPAL SOCIALISTA situados ao lado da plataforma que reúne aos maio-res, SOLICITAMOS O VOTO FAVORABLE DA CORPORACIÓN PARA SOLICITAR DO ALCALDE E A XUNTA DE GOBERNO QUE SE COMPROMETAN A POÑER TODOS OS MEDIOS PARA QUE:

1. A cafetería do auditorio, biblioteca e espacio de audiovisuais sigan a ter a consideración de centro social, no que os maiores teñan o seu lugar, sexan respectados e escoitados nas decisións que afecten a estas instalación, guiándonos sempre polo interés xeral.

2. Se dean garantías de calidade para que os maiores que o desexen, continúen na actual ubicación: Calefacción, mobiliario,…

3. Se lles respecten as actividades que se viñan realizando no actual centro de maiores e se lles permitan realizar as que autónomamente eles establezan, seguindo as normas e os horarios que se acorden.

4. Se determinen mecanismos de xestión democrática que permita aos maiores ser parte activa e protagonista no uso destas instalacións.

En Cedeira, a 17 de decembro do 2013
José Luis Vergara Rey


© 2013 - PSdeG-PSOE Cedeira
Dcto. orixinal (PDF) : preme aquí


Link: PSdeG-PSOE Cedeira






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=2322