PROPOSTA DO G. SOCIALISTA DE MODIFICACIÓN DA O. F. REGULADORA DO IBI
Fecha Jueves, 19 diciembre a las 16:36:39
Tema PHP-Nuke


ASUNTO: Desenvolvemento do punto SEGUNDO da solicitude de PLENO EXTRAORDINARIO cuxo título reza “PROPOSTA DO GRUPO SOCIALISTA DE MODIFICACIÓN DA ORDENANZA FISCAL REGULADORA DO IMPOSTO DE BENS INMOBLES”

EXPOSICIÓN

1. Que no Pleno 30 de outubro acordouse, en relación ao IBI, aplicar únicamente unha bonificación do 35% ao solo de núcleo rural e deixar exentos de bonificación ás demais áreas do PXOU de Cedeira o cal supón u agravio para a mayoría da cidadanía.

2. Tendo en conta os valores propostos pola Xerencia Territorial do Catastro sobre o Imposto de Bens Inmobles (IBI) e aprobados no Pleno do 19 de xuño do presente ano, cremos que tanto o valor do solo coma o valor da construcción están excesivamente altos en comparación cos concellos limítrofes coma o de Cerdido e outros no referente ao rural. Así mesmo existen diferencias con Concellos con tipoloxías similares tanto na construcción como na situación xeográfica, como Ares, por exemplo.

3. O tipo de gravamen do 0,55% para as zonas urbanas e núcleos rurais superan por riba do razoable aos aplicados durante o goberno presidido polos socialistas.

Por todo elo PEDIMOS DESTE PLENO O VOTO FAVORABLE PARA SOLICITAR DO ALCALDE E DA XUNTA DE GOBERNO, NO PRAZO MÁIS BREVE QUE A LEI PERMITA, A ADOPCIÓN DOS ACORDOS SEGUINTES:

1. Trasladar á Xerencia Territorial do Catastro novas valoracións do solo que nos equiparen aos valores dos municipios limítrofes tipo Cerdido no referente ao solo rústico ou Ares, no referente ao solo urbano.

2. Que o tipo de gravamen pase do 0.55% ao 0,46% para as zonas urbanas e do 0,55% ao 0,30% no solo de núcleo rural denominado no Plano de Zonificación como NN así como nas sinaladas como BD tanto grado 1 como grado 2 no planeamento urbanístico do noso concello.

3. Que os núcleos rurais denominados no plano de zonificación como NN se lles suprima o valor de urbano e se lles aplique o de rústica, aplicándose os valores correspondentes á hora de construir, xa que é imposible a edificabilidade nin do 5% dos núcleos se miramos a construcción destes nos últimos 50 anos, ao contrario, destruíronse ou están en ruínas moitas máis edificacións que as construídas.

4. Que as propostas solicitadas se manteñan vixentes mentres siga vixente dita ponencia de valores, é dicir, ata o ano 2022.

5. Que si existe posibilidade legal, as rebaixas solicitadas se apliquen con efectos do 1 de xaneiro do 2014.


Cedeira, a 17 de decembro de 2013
José Luis Vergara Rey


© 2013 PSdeG-PSOE Cedeira
Dcto. orixinal (PDF): preme aquí


Link: PSdeG-PSOE Cedeira






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=2321