Novas responsables
Fecha Miércoles, 22 abril a las 21:28:27
Tema PHP-Nuke


O Consello da Xunta de mañá asinará os decretos polos que se nomean os responsables da Asesoría Xurídica Xeral, a Secretaría Xeral da Igualdade e a Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica, dependentes todas elas da Presidencia da Xunta. Deste xeito, a nova responsable da Asesoría Xurídica Xeral será María Cayetana Lado Castro-Rial. A titular da Secretaría Xeral da Igualdade será Marta González Vázquez e como responsable da Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica vai ser nomeada María del Mar Pereira Álvarez.

Asesoría Xurídica Xeral: María Cayetana Lado Castro-Rial
Naceu no ano 1975. É licenciada en Dereito pola Universidade da Coruña, realizou o Doutorado en Dereito Financeiro e Tributario e cursou estudos de especialización sobre a Unión Europea. Superou a oposición de Letrado da Comunidade de Madrid e a oposición de Avogado do Estado. Na actualidade e desde maio de 2006, exercía como avogada do Estado na Coruña (actividade consultiva e contenciosa no orde xurisdicional civil, penal, contencioso-administrativo e social). - Vogal do Xurado Provincial de Expropiación da Coruña. - Avogada do Estado-Coordinadora do Convenio de Asistencia Xurídica subscrito entre a Avogacía Xeral do Estado e o Centro de Investigación Biomédica en Rede para a Obesidade e Nutrición, Consorcio dependente do Instituto de Saúde Carlos III, Ministerio de Sanidade, con sede en Santiago de Compostela. -Entre maio de 2006 e setembro de 2004, avogada do Estado-Xefe en Ourense. Actividade Consultiva e Contenciosa no orde xurisdicional civil, penal, contencioso-administrativo e social. Vocal do Xurado Provincial de Expropiación de Ourense. - Entre setembro e xuño de 2004: letrada da Comunidade de Madrid destinada no Servizo Xurídico Central. Actividade consultiva e contenciosa de defensa da Comunidade de Madrid, no Departamento de Dereito Civil e Penal.

Secretaría Xeral da Igualdade: Marta González Vázquez

Naceu no 1965. É Doutora en Historia Medieval pola Universidade de Santiago de Compostela no ano 1994, no que lle foi outorgado o Premio Extraordinario de Doutorado. Licenciada en 1987 en Xeografía e Historia pola USC, na especialidade de Historia Medieval e, dous anos despois, en Arquivística e Biblioteconomía. Conta cun título de Magister (especialista) en Historia das Mulleres pola Universidade de Santiago e o IDEGA. Na actualidade, desde 2005, era asociada da empresa de consultoría EOSA, onde exercía as funcións de responsable da área de igualdade de oportunidades. Anteriormente, de 2003 a 2005, foi Directora Xeral do Servizo de Igualdade, organismo autónomo dependente da Consellería de Familia, Xuventude, Deporte e Voluntariado da Xunta Ano 1998-2003: Secretaria Executiva do Grupo Compostela de Universidades, rede de 76 universidades europeas con sede na Universidade de Santiago de Compostela Ano 1996-1998: Profesora axudante de Historia Medieval do Departamento de Humanidades da Facultade de Humanidades da Universidade da Coruña. 1992-1996. Do*****entalista no Grupo de Empresas Sargadelos.

 Mª del Mar Pereira Álvarez, secretaria xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica
Naceu en 1967. É licenciada en Física (Especialidade de Electrónica) pola Universidade de Santiago de Compostela. Cursou o máster de Economía e Xestión da saúde na Universidade de Santiago de Compostela e obtivo o diploma de directivo da Xunta de Galicia no Programa de Dirección Innovadora. Desde febreiro de 2005 era subdirectora xeral de Información e Servizos Tecnolóxicos na Consellería de Sanidade da Xunta. Conta ademais cunha praza de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, na categoría de Técnico Superior de Sistemas e Tecnoloxías da Información, desde xuño de 1999. - Ano 2004-2005: Directora de Organización e Sistemas do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago, desempeñando as funcións de dirección e xestión
- Ano 2002-2004: Xefa de área de Programas Especiais (Centro de Servizos Tecnolóxicos do SERGAS, asumindo a responsabilidade del desenvolvemento dos Sistemas de Información no ámbito de Tarxeta Sanitaria, Inspección Sanitaria e Saúde Pública así como a coordinación informática de Direccións e Delegacións Provinciais.
- Ano 1999-2001: Técnico Superior de Sistemas e Tecnoloxías da Información adscrito á Subdirección Xeral de Planificación Sanitaria dependente da Secretaría Xeral do Servizo Galego de Saúde, en calidade de Responsable Técnico do Proxecto de Tarxeta Sanitaria.
- Ano 1995-1999: Asistencia técnica na Consellería de Sanidade, co proxecto de Tarxeta Sanitaria - Ano 1993-1994: Analista da empresa de Servizos Informáticos SOPRA-BULL, actualmente STERIA. - Do 1990 a 1993, enxeñeira de desenvolvemento de INISEL, Empresa Nacional de Sistemas S.A, actualmente INDRA (Madrid)

Link: XONLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=232