Deputación da Coruña
Fecha Miércoles, 22 abril a las 18:47:07 Tema PHP-Nuke
A Deputación da Coruña convoca, un ano máis, o seu
programa de apoio aos concellos para a limpeza de praias na provincia e
a dotación de servizo de socorristas para as piscinas municipais.
Destina para esta actuación un millón de euros.
As bases que rexen o desenvolvemento deste programa publicáronse
o pasado 1 de abril no Boletín Oficial da Provincia, e nelas faise
constar que o seu obxectivo é apoiar os concellos e mancomunidades do
litoral coruñés para o sostemento das brigadas de limpeza de praias
durante a tempada estival de 2009 e de servizo de socorrista a aqueles
concellos que dispoñan de piscina municipal.
A teor do contemplado na convocatoria, a Deputación da Coruña
poderá conceder axudas por un importe máximo de 4.666 euros por brigada
e mes, cun tope máximo de 42.000 euros de subvención total por
concello, polo sostemento de 3 brigadas durante un período de 3 meses.
No que se refire aos socorristas, o importe subvencionado por
socorrista e mes é de 1.250 € e as axudas poderán acadar os 3.125 euros
polo mantemento dun socorrista durante un prazo máximo de dous meses e
medio, comprendidos entre o 15 de xuño e o 15 de setembro.
O prazo máximo outorgado aos concellos para solicitar as axudas
finalizará o próximo 9 de maio e os consistorios deberán presentar coa
petición a memoria explicativa coas características das praias,
servizos dispoñibles e obxectivos que se pretenden.
Link: Deputación da Coruña
|
|