Concello de Cedeira - MAIORES
Fecha Lunes, 16 diciembre a las 10:35:04
Tema PHP-Nuke


AFAL Ferrolterra (Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer e outras demencias) levará a cabo talleres de estimulación cognitiva no novo Fogar do Pensionista de Cedeira, emprazado no Parque do Sagrado Corazón. Así o acordaron o portavoz do goberno municipal, Luis Rubido, e a presidenta da entidade, Milagros Prieto Gondell, nunha recente xuntanza. Para isto, o Concello cederá unha das salas do centro e a asociación porá os recursos humanos necesarios.

A iniciativa busca mellorar a calidade de vida das persoas diagnosticadas de Alzheimer ou calquer outra demencia en grao leve ou moderado; realizar terapias no seu municipio de residencia (xa que na actualidade deben desprazarse á cidade de
Ferrol) e, por último, favorecer o respiro familiar dos seus coidadores. AFAL e Concello abren agora o prazo de preinscripción para que as persoas interesadas en participar nos talleres de estimulación cognitiva poidan anotarse. Para isto, teñen diferentes vías: no departamento municipal de Servizos Sociais do Concello; na sede de AFAL en Ferrol (r/Río
Castro, 45-45, baixo), ou chamando ao teléfono da asociación (981 37 06 92). Unha vez se reúna un número mínimo de participantes –os grupos estarían integrados por entre oito e dez persoas– iniciaríanse as sesións. Estas terían periodicidade semanal, en base á experiencia da intervención diaria que se leva a cabo nos Centros de Día que xestiona AFAL na cidade naval e impartiríanse dúas modalidades: dúas horas diarias tres días á semana ou ben dúas horas diarias dous días á semana. O custe da actividade é de 150 e 100 euros ao mes segundo a periodicidade. En todo caso, e co obxectivo de dar máis información sobre o programa, AFAL Ferrolterra ofrecerá sendas charlas abertas á cidadanía o próximo xoves, 19 de decembro, no Fogar do Pensionista, ás 17,30 e ás 19 horas.

Link: Concello de Cedeira






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=2308