“Dime do que presumes e direiche do que careces”
Fecha Jueves, 12 diciembre a las 16:04:09
Tema PHP-Nuke



Agrupación local de Cedeira
Grupo municipal
JOSE LUIS VERGARA REY



ASUNTO:

Leopoldo Rubido Ramonde, (PRIMEIRA PARTE)
“Dime do que presumes e direiche do que careces”



          Sobre as louvanzas que Rubido se adicou a sí mesmo estes días, non debo entrar, porque son súas e a el solo pertencen. É certo que quen expresa de sí mesmo tan expectaculares calificativos, estase definindo de forma clara, pero lamentablemente para el, de maneira contraria á que pretendía. Debemos recordarlle o refraneiro popular, “dime do que presumes e direiche do que careces”.

          Pero, aparte de tan laudatorios comentarios que sobre a súa persona se outorga, hai outros referidos, directa ou indirectamente, ao concello que tivemos a honra de presidir e a Cedeira en xeral, que non pensamos deixar pasar.

          Vale que menosprecie aos membros da súa candidatura e do seu partido político, tildándoos pouco menos que de incapaces. El saberá porque o di e os seus acólitos saberán se deben respostarlle ou, pola contra, darlle a razón co seu silencio e complicidade.

          Recordamos varios exemplos de dignidade entre algún dos seus acompañantes. Uns tiveron que irse polo seu pé incapaces de asumir tanto vasallaje, mentres outros foron simplemente excluídos das listas porque era o propio Rubido quen via sombra en capacidades moi superiores á súa.

          A respecto do desprecio hacia o pobo que tanto lle debe, posición, cartos que nunca obtería de non ser pola xente de Cedeira, os socialistas non podemos calar. Se Rubido tiña pensado liscar a mitade de lexislatura, como se desprende das súas declaracións, simplemente se nos presenta coma o fraude que é, un retrato palmario do que sente por Cedeira e a utilización que sempre fixo da institución que, en realidade nunca respectou.

         Cando un encabeza unha lista electoral ten que ser honrado e asumir as responsabilidades dos resultados ata o final, se non hai causas de forza maior, que como el di, non existen nete caso. O candidato que se precie, e respecte ao pobo ao que quere representar, debe permanecer ata o remate do mandato popular, tanto cando perde, como cando gaña. Pero Rubido, como era de esperar, non o fixo na pasada lexislatura que perdeu e non o fai nesta que gañou. Era de esperar.

                    Cedeira, a 09 de novembro de 2013


© 2013 Agrupación socialista de Cedeira

Dcto. orixinal (PDF): preme aquí


Link: Agrupación socialista de Cedeira






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=2305