- VILELA = RUBIDO X RUBIDO
Fecha Jueves, 12 diciembre a las 12:09:28
Tema PHP-Nuke


O popular Luis Rubido sucederá ao seu irmán Leopoldo á fronte da Alcaldía de Cedeira, salvo sorpresa de última hora. Alfredo Vilela, primeiro tenente de alcalde e rexedor en funcións tras a renuncia do mandatario local, hai unha semana, confirmou onte a súa intención de renunciar ao cargo en favor do segundo tenente de alcalde: «Sempre dixen que renunciaría, o que me gusta é estar nun segundo ou terceiro posto e dedicarme ás obras, que é o meu , e á atención cidadá, a solucionar os problemas da xente que vén aquí», reiterou. «Luis -engadiu-, está moito máis preparado para ser alcalde, é avogado, e eu voulle a ceder o posto».



© 2013 Catastro

Luis Rubido expresou a súa disposición a asumir a presidencia da corporación cedeirense, aínda que tanto el como Vilela móstranse cautos, posto que será o pleno o que designe ao novo alcalde de Cedeira. A toma de posesión aprazarase, en calquera caso, ata que a Xunta Electoral remita ao Concello a credencial da nova concelleira do PP, que entrará en substitución de Leopoldo Rubido, que tamén renunciou á acta de concelleiro. Trátase de María del Pilar Pérez Villar, que ocupaba o número oito na candidatura do PP ás eleccións municipais de maio do ano 2011.




Mentres tanto, Vilela continuará como alcalde en funcións e presidirá a sesión plenaria do día 18, na que o goberno local prevé aprobar o orzamento de 2014. Como el mesmo explica, «non habería problema para sacar adiante este punto (ou calquera outro) porque, se é necesario, pódese recorrer ao voto de calidade do alcalde», que lle correspondería. O PP conta con sete actas; o PSOE, con catro; e o BNG, con dous. O Concello cedeirense pechará o ano con remanente positivo, por segundo exercicio consecutivo, segundo adiantou o mandatario local en funcións. «Este ano non puidemos investir (os ao redor de 580.000 euros de superávit de 2012) porque a lexislación obriga a amortizar débeda (a nosa é pequena e o tipo de interese, moi baixo), pero non nos compensaba», constatou. Ao tratarse do segundo ano en positivo, si poderán dedicar o remanente a executar «varias obras e proxecto

lLink: VONLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=2304