Concello de Cedeira - MAIORES
Fecha Miércoles, 11 diciembre a las 18:18:16
Tema PHP-Nuke


O novo Fogar do Pensionista de Cedeira abrirá este xoves, 12 de decembro, as súas portas. E faráo a partires das cinco da tarde nun acto aberto ao público no que poderán coñecer polo miúdo as instalacións, ubicadas no Parque do Sagrado Corazón, en pleno centro urbán. Uns 250 metros cadrados distribuídos en dúas estancias. A primeira e máis ampla, de 200 m2, destinada a zona de estar con diferentes ambientes e co mobiliario necesario para disfrutar de xogos de mesa,  tertulia, televisión ou a lectura da prensa diaria. A segunda, aula multiusos e coa intención, por parte do goberno municipal,  de dotala co paso do tempo de novos contidos. Entre eles, e mediante acordos cos diferentes negocios da vila, servizo de podoloxía ou perruquería.

Trátase dun espazo con calefacción e aseos adaptados. Así mesmo, o goberno municipal avanza que o novo Fogar do Pensionista abrirá inicialmente de martes a domingo en horario de tarde, de 17 a 21 horas, aínda que a intención é amplialo. En palabras do Concello, un lugar que pretende converterse en punto de encontro dos maiores da vila e un lugar no que compartir o seu tempo de ocio.


© Xunta de Galicia -Plataforma de contratación


Link: Concello de Cedeira






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=2303