Concello: aforrar no recibo da factura do teléfono
Fecha Miércoles, 22 abril a las 10:46:55
Tema PHP-Nuke


O goberno local de Cedeira (PSOE, BNG e TEGA) estudará ofertas de empresas de telefonía móbil para tratar de aforrar no relativo á prestación deste servizo.

O alcalde de Cedeira, José Luís Vergara, explicou que na actualidade deben facer fronte a un gasto anual que rolda os 50.000 euros, unha cifra que lles parece excesiva, motivo polo cal decidiron contactar con varias empresas de telefonía que operan na zona norte para que presenten as súas ofertas e estudar a máis rendible.

Até a data, o Concello ten contratado todo o servizo de telefonía con Telefónica, a quen tamén se lle comunicou esta decisión.

Vergara mostrouse confiando en que poidan aforrar un 30% na factura por esta prestación, un diñeiro que se destinará a outras partidas municipais, tal e como explicou o rexedor cedeirense.

O anuncio para a contratación do servizo farase por procedemento negociado con publicidade.

Link: DFONLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=230