Xa está dispoñible a subscrición para recibir os resultados
Fecha Miércoles, 11 febrero a las 15:47:48
Tema PHP-Nuke


Por primeira vez nunhas eleccións autonómicas os galegos poderán solicitar o envío ao seu móbil por SMS dos avances e dos resultados do escrutinio provisional do ámbito que desexe, provincial ou autonómico. A información obterase a partir de dúas modalidades: mediante unha subscrición que facilita información en catro momentos do escrutinio; ou solicitando en calquera instante o resultado en tempo real do escrutado.

Procedemento de subscrición

Para os usuarios que soliciten previamente o servizo de aviso por SMS, os datos enviaranse nos seguintes momentos da xornada electoral: na constitución das mesas electorais; no reconto de participación ata as 12.00 h.; no reconto ata 17.00 h.; e ao acadar o 25%, 50%, 75% e 100% escrutado. Os SMS remitidos conterán información relacionada coa porcentaxe de escrutinio, porcentaxe de abstención e número de cargos obtidos por cada candidatura. Presentaranse en formato sinxelo e de fácil lectura e o seu custo será o dunha mensaxe de móbil ordinaria, en función de operador empregado e sen ningún tipo de cargo adicional.

Os cidadáns xa poden darse de alta no servizo a través das seguintes mensaxes de texto: - ELEC ALTAGA ao 7743 Para subscribirse a Galicia
- ELEC ALTAAC ao 7743 para A Coruña:
- ELEC ALTALU ao 7743 para Lugo
- ELEC ALTAOU ao 7743 para Ourense
- ELEC ALTAPO ao 7743 para Pontevedra Servizo de consulta
Adicionalmente, os cidadáns que o desexen poderán recibir información actualizada en tempo real dun ámbito xeográfico concreto enviando unha SMS a este servizo en calquera momento da xornada electoral. O servizo, que estará operativo desde a apertura dos colexios electorais o 1 de marzo, ofrecerá ao seu usuario a última información relativa ao ámbito solicitado a través doutra mensaxe de resposta e sen custo adicional. Para recibir esta información enviarase o seguinte texto: - ELEC GA ao 7743 Para consultar Galicia
- ELEC AC ao 7743 para A Coruña
- ELEC LU ao 7743 para Lugo
- ELEC OU ao 7743 para Ourense
- ELEC PO ao 7743 para Pontevedra Difusión para teléfonos móbiles avanzados
Doutra banda, por primeira vez os cidadáns poderán acceder a través de teléfonos móbiles avanzados á información de escrutinio e resultados provisionais. Esta canle de difusión sumase aos tradicionais sistemas de Internet, xuntando esforzos en torno ás novas tecnoloxías para achegar facilidades aos cidadáns, estean onde estean. O enderezo onde se poderá consultar os datos é www.resultadoseleccions.xunta.es, que estará operativo o día da xornada electoral. Segundo datos ofrecidos polo Instituto Nacional de Estatística (INE), en Galicia o 81,9% da poboación entre 16 e 74 anos de idade utiliza teléfono móbil, é dicir, máis de 2 millóns de persoas. Ademais, ao redor do 36% desta poboación accede a Internet a través de móbiles avanzados. Para obter máis información sobre estes servizos, ademais do teléfono gratuíto de información ao elector (900 878 765), pódese consultar a páxina web das Eleccións ao Parlamento de Galicia (www.eleccions09.xunta.es) dentro do apartado “Información ao elector ”.
Link: XONLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=23