DINASTIA
Fecha Viernes, 06 diciembre a las 11:46:38
Tema PHP-Nuke


As sagas dinásticas non son alleas á política local nin exclusivas de Ourense. O último exemplo está en Cedeira. Un Rubido sucederá a outro na alcaldía da localidade coruñesa. A diferenza dos Baltar, pai e fillo, os Rubido, Leopoldo e Luís, son irmáns. Fontes do PP galego dan por feito que será este último, edil de Urbanismo e segundo tenente de alcalde, quen releve ao seu irmán maior que onte dixo adeus ao bastón de mando logo de prácticamente catro décadas de goberno e só dous paréntesis obrigado polas urnas en 1999 e 2007. Graduado social e profesor de Secundaria, Leopoldo Rubido Ramonde (Cedeira, 1942) aterrou na alcaldía en 1973, nas postrimerías do franquismo e, morto o dictador, levantou un monolito na súa memoria que inaugurou xa en democracia outra figura do Réxime, Gonzalo Fernández da Moura, exministro de Obras Públicas de Franco.

 A loa monumental de Rubido a unha ditadura que xa había expirado levantou moitas ampollas nunha vila marinera que albergou un sinistro campo de concentración na praia da Magdalena onde chegaron a estar 724 presos entre o outono do 37 e o verán do 38. Foron, sobre todo, republicanos vascos, asturianos e galegos que eran apresados no Cantábrico cando trataban de fuxir da Guerra Civil ocultos nos pesqueros e que foron recluídos en tres lonxas de peixe xunto ao areal onde se lles perdeu a pista para sempre a moitos nomes.

Leopoldo Rubido foi rexidor baixo as siglas de Coalición Democrática, Alianza Popular e, finalmente, o PP. Gobernou Cedeira durante 32 anos con dúas pausas. A primeira na lexislatura do 99, cando o derrotou un alcalde do BNG, e outra vez en 2007, para deixar paso a un tripartito de esquerdas encabezado polo socialista José Luís Vergara, ao que reemplazou en mayo do 2011 recuperando para o PP a maioría absoluta. Leopoldo era un dos alcaldes históricos do PP galego polo seu longevidad no cargo, xunto ao rexidor das Somozas, Manuel Candocia, que encadena 34 anos de mandatos ininterrumpidos. Nos oitenta e noventa, simultaneou cargos como rexidor, deputado provincial desde 1983 e senador pola Coruña do 93 ao 2000.

O martes presentou a súa dimisión por escrito no rexistro local e o xoves referendou a súa renuncia ao escano nun pleno extraordinario e urxente. Con 71 anos, asegura que non se vai nin pola súa idade nin por motivos de saúde senón para dar paso a novas caras que garantan a estabilidade política do seu pobo natal. O xa exrexidor presumiu de desempeñar o seu posto con "ilusión, austeridad, limpeza e eficacia" e vaise, dixo, deixando un pobo "máis fermoso e máis xusto". Aínda que evitou pronunciarse sobre o seu sucesor porque é un tema -dixo- que compete ao partido, non é ningún segredo que o mellor colocado é o seu propio irmán Luís, que ía de número tres na lista para os comicios locais de maio do 2011 e ao que a cúpula do PP galego xa senta no sillón de alcalde.

O PP cedeirés, con 7 dos 13 edís, elixirá ao seu próximo rexidor con outro pleno extraordinario. Mentres, Alfredo Vilela, o número dous da lista popular e primeiro tenente de alcalde, tomou temporalmente as rendas dun consistorio ao que se incorpora Pilar Pérez, ocupando o asento do Rubido máis veterano. Luís Rubido, avogado de profesión, irmán do rexidor dimisionario e rexidor futurible, incorporouse á corporación en 2004 e neste mandato levaba o peso da xestión local en Urbanismo, Facenda, Desenvolvemento Local, Turismo e Cultura.

Outro irmán de ambos é Bieito, director do diario 'ABC'.

Link: ELPaisONLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=2296