Rubido na Galipedia
Fecha Viernes, 06 diciembre a las 01:02:29
Tema PHP-Nuke


Graduado Social, é profesor de Ensinanza Media en excedencia. Foi nomeado alcalde de Cedeira en 1973, continuando no cargo ata as primeiras eleccións democráticas.

En 1977 decidiu construír un monólito na honra de Franco ( Inaugurado un monumento a Franco en Cedeira ), decisión que tivo unha forte contestación de parte dos veciños, e que finalmente foi inaugurado o 14 de maio por Gonzalo Fernández de la Mora[1].

Nas primeiras eleccións democráticas encabezou a candidatura de Coalición Democrática e foi elixido alcalde. Continuou como alcalde presentándose por Coalición Popular, Alianza Popular e PPdeG ata 1999. Tras unha paréntese de catro anos de goberno liderado polo BNG, Rubido volveu ser alcalde entre 2003 e 2007.

En xuño de 2007 un pacto de goberno entre PSdeG-PSOE, BNG e TEGA fixo que tivese que abandonar a Alcaldía que pasou a mans do socialista José Luis Vergara.

En 2011 volveu recuperar a alcaldía con maioría absoluta. A finais de 2013 anunciou a súa retirada como alcalde[2]. Leopoldo Rubido foi deputado provincial dende 1983. Foi senador pola provincia da Coruña na V e VI lexislaturas (1993-2000).

É irmán do xornalista Bieito Rubido.



Link: Galipedia






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=2294