Rubido : "Este é un novo servizo que dou"
Fecha Jueves, 05 diciembre a las 11:01:38
Tema PHP-Nuke


O alcalde de Cedeira , o popular Leopoldo Rubido, presentou esta mañá en pleno a renuncia do seu posto de rexedor e da acta de concelleiro. No acto Rubido recordou a súa traxectoria á fronte da alcaldía e tivo palabras emotivas para «todos aqueles que colaboraron comigo, concelleiros, funcionarios, amigos, algúns dos cales xa non están aquí».

Leopoldo Rubido deixa de ser rexedor 40 anos despois de acceder por primeira vez á alcaldía, en 1973. Ao contrario do que se especulou, a súa dimisión non se debe a problemas de saúde. Así o asegurou o mesmo Rubido, que manifestou o seu desexo de «dar paso a unha nova xeración». Revelou que a súa idade, 71 anos, non ten «nada que ver» coa súa decisión de abandonar, aínda que explica que «hai que dar paso a alguén para asegurar un pouco o futuro e o benestar do concello. Se estamos sempre con tripartitos e cuadripartitos non hai futuro. Este é un novo servizo que dou».

A pesar de que se dá por feito que será o seu irmán, Luis Rubido, quen tome a testemuña, o certo é que Leopoldo Rubido especificou que «será o partido quen o designe, e o primeiro na lista non é o meu irmán». O certo é que así é, dado que o primeiro tenente de alcalde, e segundo na candidatura do PP ás últimas eleccións municipais, é Alfredo Vilela.



Rubido preparando a foto do cartel electoral
© 2013 Faro de Vigo


Coa renuncia de Leopoldo Rubido remata unha etapa que comezou na época franquista, e que lle mantivo durante 32 anos á fronte da alcaldía, con tan só dúas paréntese de 8 anos nos que gobernaron o PSOE e o BNG, e na que Leopoldo Rubido tamén asumiu o cargo de Senador durante a súa cuarta e quinta lexislaturas. Rubido Ramonde é graduado social e foi profesor de ensino medio, aínda que sen dúbida é a súa dilatada actividade política a que máis marcou a súa traxectoria. Amante da lectura e do coleccionismo, e afeccionado tamén ao campo, Leopoldo Rubido poderá a partir de agora dedicar maior atención a estas disciplinas.

Link: VONLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=2289