Dimite Leopoldo Rubido, histórico alcalde popular
Fecha Miércoles, 04 diciembre a las 23:46:23
Tema PHP-Nuke


Leopoldo Rubido Ramonde, alcalde de Cedeira desde os últimos tempos do franquismo coas únicas excepcións de dúas legislaturas, presentará mañá a renuncia aos cargos de alcalde e concelleiro nun pleno extraordinario e urxente convocado mañá . Rubido presentou o escrito de renuncia no rexistro municipal onte martes, e non transcenderon as razóns da súa súbita decisión.

Leopoldo Rubido (Cedeira, 1942), graduado social e profesor de secundaria en excedencia, foi designado alcalde en 1973. Catro anos despois, xa morto Franco e dando as boqueadas o seu réxime, tomou a polémica decisión de levantar un monolito na súa memoria, que acabou inaugurando outro exégeta da ditadura, Gonzalo Fernández da Moura.

Logrou democráticamente a alcaldía con Coalición Democrática primeiro, Alianza Popular despois e finalmente Partido Popular. En 1999 perdeu o bastón de mando a favor do nacionalista Xoan Xosé Rodríguez Pérez. Recuperouno nas seguintes eleccións, para entregarllo en 2007 a unha coalición de PSdeG-PSOE, BNG e TEGA encabezada polo socialista José Luís Vergara.

Nas últimas eleccións volveu obter a maioría absoluta e a alcaldía. Foi tamén deputado provincial desde 1983, e senador entre 1993 e 2000. Un irmán seu, Luís Rubido Ramonde, é o segundo Tenente de Alcalde e concelleiro de Facenda, Turismo, Cultura e Urbanismo.

Link: El Pais - Galicia






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=2288