Leopoldo Rubido renuncia á alcaldía
Fecha Miércoles, 04 diciembre a las 23:42:56
Tema PHP-Nuke


O alcalde de Cedeira, Leopoldo Rubido (PP), deixa o cargo que ostentou por primeira vez en 1973. Un cargo -unha alcaldía- que, con dúas interrupcións, exerceu durante un total de 32 anos.

O político conservador asegura que a súa renuncia non ten nada que ver coa súa saúde. Nin sequera cos seus 71 anos de idade. E di que a verdadeira razón da súa marcha reside na necesidade de «asegurar o futuro e o benestar» do Concello, dando paso a un rexedor novo, informa Noelia Silvosa.

Home de sólida formación e sempre moi vinculado ao mundo da cultura, Leopoldo Rubido, senador en dúas ocasións, foi durante catro décadas unha das grandes testemuñas -e ás veces protagonista- da política galega. Como alcalde de Cedeira prestou especial atención a impulsar o desenvolvemento da vila tendo sempre moi en conta as súas posibilidades turísticas. Impulsou a protección do centro histórico e a recuperación da paisaxe. E foi sempre, desde moi novo, un dos grandes valedores dese enclave máxico, verdadeira porta entre dous mundos en palabras do profesor Ramón Sainero, que é San Andrés de Teixido.



© 2013 La Voz de Galicia


Link: La Voz de Galicia






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=2287