Resultado nas comarcais do BNG
Fecha Domingo, 19 abril a las 17:35:56
Tema PHP-Nuke


As 24 asembleas comarcais do BNG elixiron este domingo os 2.500 delegados que, de entre os 4.738 militantes aspirantes, deberán acudir ao plenario extraordinario do 10 de maio, onde se elixirá o novo portavoz nacional da formación.

O resultado final correspóndese porcentualmente co número de candidatos presentados polas tres principais listas, e que, tendo en conta que pode variar levemente debido á presentación conxunta de listas en casos puntuais -eis o caso de Lugo Centro, onde Máis BNG e 'listas abertas' comparten 55 delegados-, quedaría como se recolle na columna da dereita.

Xa que logo, non hai nada decidido. O que si parece claro é que o voto dos delegados das 'listas abertas' (Encontro Irmandiño e Esquerda Nacionalista) resultará decisivo na Asemblea Nacional de maio para decidir quen será o vindeiro portavoz nacional do BNG.


Valoracións
Nunha primeira valoración, Alternativa pola Unidade, que estiman o apoio nun 48%, amosáronse "moi satisfeitos ante uns resultados bos", xa que se logrou unha participación masiva nas comarcais" para conseguir "traballar pola unidade, fortalecer o BNG". "Unha grande audiencia que expresa unha tendencia dentro do debate de ideas", afirmaron en declaracións a Europa Press.

Neste senso, destacaron "os moi bos resultados nos núcleos urbanos e como segunda forza noutras comarcas intermedias", e que a súa intención é "falar con todas as candidaturas, sen exclusións".

Pola súa banda, Máis BNG -candidatura liderada por Carlos Aymerich-, destacou que a participación "superou os 4.200 militantes" o que consideraron "un éxito" tanto en afluencia como en "conseguir evitar unha maioría absoluta dalgunha das partes", que xa está asegurada "por pura matemática".

Encontro Irmandiño -corrente liderada polo ex portavoz nacional do BNG, Xosé Manuel Beiras, e que impulsou as chamadas 'listas abertas'- destacou, nunha entrada na súa web titulada Hai partido, que "tanto 'quintanistas' como UPG quedan lonxe da maioría absoluta para o 10 de maio".

"As bases do BNG non quixeron darlle o control a ningún grupo, nin apaños entre uns poucos, queren que se debata a fondo sobre os baleiros do BNG e as causas do declive electoral", sentenciaron. "A Asemblea do 10 de Maio ten que ser e será un punto de partida e non de chegada, equivócase quen pense que esa data deixará todo atado e ben atado", auguraron.

Link: VIONLine





Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=228