Concello de Cedeira - Valedor do Pobo
Fecha Miércoles, 27 noviembre a las 09:21:37
Tema PHP-Nuke


A Asociación de Maiores de Cedeira vimos de recibir un novo escrito do Valedor do Pobo en resposta á nosa queixa relativa ao cambio de ubicación do centro de maiores de Cedeira.

Neste segundo escrito que nos remite o Valedor do Pobo sinálase que unha vez revisada a información requerida ao Concello con respecto ao cambio de ubicación do centro de maiores, o máis significativo é que se solicita de novo e con urxencia aclaración ao Concello en relación ás causas últimas do traslado, a causa da realización dos traballos de acondicionamento do novo local, ubicado na praza Roxa, antes da aprobación e formalización do contrato de arrendamento, a causa da falta de atención aos reparos realizados polo interventor municipal ao contrato.

En resumo o Valedor do Pobo á vista da información do expediente de traslado de local remitido polo Concello quédanlle sen aclarar varias cuestións que ninguén ten claras e ás que poderíamos engadir aínda máis, fundamentalmente a falta de transparencia do Concello, o abuso que fai o gobernó do PP da súa maioria absoluta sen ter en conta aos afectados e o despilfarro que supón alugar un local cando xa se conta con un do que ademais os maiores non nos queremos ir.



Link: Asociación de Maiores de Cedeira






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=2276