PSdeG-PSOE de Cedeira - Praza do Floreal ( y III )
Fecha Jueves, 21 noviembre a las 18:35:01
Tema PHP-Nuke


Agrupación local de Cedeira
Grupo municipal



ASUNTO: o concello de cedeira proxecta gastar 140.000 euros na "REFORMA INTEGRAL DO FLOREAL”.
TERCEIRA PARTE



        Xa manifestamos que, neste momento, había que adicar os cartos a axudarlle da mellor maneira ao conxunto da cidadanía a aguantar o embate da crise. O uso irresponsable dos impostos da cidadanía en gasto non esencial afunde a Cedeira no pozo, ainda máis se cabe. Vinteún millóns de pesetas, un detrás doutro, son moitos millóns para romper o que xa está feito e substituílo por sabe Deus qué.

        Denunciamos igualmente que o principal punto débil do parque do Floreal é de tipo urbanístico, edificios construidos en épocas anteriores á nosa, inacabados por fóra que dan un aspecto deplorable ao conxunto arquitectónico. Neste aspecto cremos que é o diálogo, a negociación e a lei quen debe primar para melloralos. Pero isto non esixe inversión económica, só tempo, traballo e bo talante.

       Outro eslabón débil da cadea son os malos usos dun parque no que a infancia debera ser reina, tal é o caso de adicalo a aparcamento de coches, non só permitido, senón impulsado polo propio goberno municipal durante o verán pasado. Os tétricos calexóns de acceso, producto dunha ausencia de sentido urbanístico de quenes deseñaron Cedeira no pasado, o PP de toda a vida, son outra lacra que hai que afrontar, pero vinteún millóns para iluminar e mantelos limpos son escandalosamente excesivos.

       Efectivamente o Parque do Floreal é un exemplo palmario das cousas que se fixeron no pasado e das cousas que non se fixeron. A displicencia coa que os poderes de toda a vida, observaron a venta do cine e da pista de baile do Floreal foi clamorosa, como vergonzante foi a planificación urbanística posterior.

       O actual parque, igual que outros espacios próximos, son o resultado do urbanismo anárquico dos trinta anos do PP, onde cada quen fixo o que lle petou e os edificios acababan colisionando uns cos outros, deixando o espacio público en meros patios de luces, hoxe de dificilísimo encaixe. Que os Rubido reividiquen hoxe a estética da vella pista de baile, despois do que consentiron e fixeron no Floreal é un sarcasmo que ofende.

       Salvo o parque infantil, as farolas, a pista, a palmeira e os dos dous últimos edificios, todo o demais é responsabilidade de Rubido. Algún arranxo necesita, iluminación, xardinería ou vixianza, pero enterrar 21 millóns, argumentando melloras para os establecementos, non deixa de ser palabrería para satisfacer a algún empresario do seu grupo e cicais algún outro estómago agradecido. Nada que ver co interés xeral.

                  En Cedeira, a 21 de novembro de 2013



© 2013 Agrupación Socialista de Cedeira
Dcto. orixinal (PDF) : preme aquí


Link: Agrupación Socialista de Cedeira






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=2272