PSdeG-PSOE de Cedeira - Praza do Floreal ( y II )
Fecha Miércoles, 20 noviembre a las 19:25:24
Tema PHP-Nuke





Agrupación local de Cedeira
Grupo municipal



ASUNTO: o concello de cedeira proxecta gastar 140.000 euros na "REFORMA INTEGRAL DO FLOREAL”. SEGUNDA PARTE

        O noso grupo grupo non cre necesario meter, na actual situación, 21 millóns de pesetas no parque do Floreal. E sentímonos con toda autoridade moral para defender esta postura porque a nosa implicación co Floreal no seu conxunto está fóra de toda dúbida.

        Demos pasos para que a súa xente cobrara presencia, apoiando activamente a súa asociación de vecinos, cedéndolles un local no auditorio municipal e comprometéndonos co vecindario que, con razón viña ao concello a reclamar o seu dereito ao descanso. Algúns establecementos, os menos, non respectaban daquela, e seguen a facelo hoxe, horarios nin ordenenzas contra o ruído. Forte debía ser a nosa presión para que os responsables das molestias loitasen contra os socialistas, convertíndose hoxe en influintes concelleiros do PP.

         Fincámoslle o dente ás infraestructuras, procedendo a separar as augas pluviais das sucias en toda a avenida de España e Pitillera e posterior asfaltado pero, especialmente, estamos satisfeitos da toma de conciencia de que o parque Floreal non fose o patio traseiro das vivendas onde podíamos levar aos cans a facer as súas necesidades, sen obrigas de recollelas, aparcar os coches ou ver cómo algún dos nosos xóvenes se ocultaban na oscuridade dunhas farolas rotas, para inxectarse heroína.

        Eliminamos os perigosos ferros osidados que o PP ofrecía para disfrute dos nenos, por un parque infantil con todos os parabéns de seguridade, hixiene e modernidade cuio valor rondou os 30.000 euros. Substituímos as canastas a pista de baloncesto de solo asfáltico por outra de pavimento de formigón prensado e liso que reducise os efectos das caídas. Renovamos as farolas, limpamos os camiños e démoslle un pulo á xardinería.

         Pero, no senso urbanístico, o máis importante, foi esixir e conseguir que as novas construcción (dous grandes edificios) cumpliran coa lei, que os soportáis e beirarrúas estivesen perfectamente urbanizadas no momento do remate da obra. Observemos, aínda a día de hoxe, se os edificios construidos durante o mandato de quenes nos precederon, respectan de igual maneira estas esixencias. Cláramente non, tubos de desaugue por fóra do edificio de correos, solos sen pavimentar nos soportais do Maracaná, paredes sen enfoscar, en fin, un mal exemplo que nunca debeu consentirse.

        No apartado dos usos, vixiamos que os donos dos cans recollesen os seus excrementos, os coches non aparcasen e o espacio permanecese limpo. Iso sí, conscentes, sin embargo, de que tiñamos que darlle una solución aos soportais sen urbanizar. Utilizar os cartos públicos para resolver este abandono, responsabilidade da desidia de quenes nos precederon, sempre nos pareceu inxusta. Sin embargo, á vista de que este concello se adica a pintar casas particulares en San Andrés, cicais esteamos equivocados e haiba que embaldosar solos ou enfoscar paredes privadas cos duros impostos de todos. Pero con nós que non conten. O público é de todos e o privado é dos particulares. Ao César o que é do César e a Deus o que é de Deus.

                En Cedeira, a 20 de novembro de 2013



© 2013 - Agrupación Socialista de Cedeira

Dcto. orixinal (PDF ) : preme aquí


Link: Agrupación Socialista de Cedeira






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=2271