PSdeG-PSOE de Cedeira - Praza do Floreal
Fecha Martes, 19 noviembre a las 18:05:55
Tema PHP-Nuke


Agrupación Local de Cedeira
Grupo municipal




ASUNTO: o concello de cedeira proxecta gastar 140.000 euros na "REFORMA INTEGRAL DO
FLOREAL”. PRIMEIRA PARTE


         Cada ano, por estas datas, a Deputación reparte entre os concellos da provincia os cartos correspondentes aos denominados Plans de Obras e Servicios (POS). A Cedeira, por puro reparto matemático, correspóndenlle 240.000 euros, é dicir, cuarenta millóns das antiguas pesetas. Na práctica, o Concello pode adicalos ao que queira, incluso a gasto corrente, é dicir, gastos imprescindibles ou, pola contra, a gastos non prioritarios.

         O ano pasado decideu, por exemplo asfaltar o Paseo da Magdalena, deixando debaixo o sistema de avacuación das augas atascado pola área da praia. Son maneiras de entender a hixiene. Os socialistas pensamos que primeiro é a ducha e outros opinan que o fundamental é a gomina. Os socialistas cremos que primeiro son as tuberías e despois está o alicatado.

         Este ano decidiron non adicarlle nada ao imprescindible, é dicir, nada ao gasto corrente, soldos e electricidade, por exemplo, que deberemos pagar cos impostos, coa suba xeralizada da carga sobre a tan castigada cidadanía. Mentres tanto o PP de Cedeira adicará 21 millóns das antiguas pesetas a reformar o parque do Floreal. O que nos corresponde da Deputación, meterémolo no formigón impreso do Floreal e pistas rurais sen limpar, e os impostos dos veciños a pagarlle o soldo de Parada, Olga, ás concelleiras da dereita ou ás dietas do alcalde e acompañantes da Xunta de Goberno Local (recordemos, máis de 30.000 pts. por cada reunión semanal que teñen durado 8 e 10 minutos)

         Os “novos ricos” meten os cartos onde menos falta fai. É lícito empeñar a economía local na REFORMA INTEGRAL dun parque cuio principal problema é o seu abandono e menosprecio por parte do goberno da dereita cedeiresa? Temos máis de 600 parados, as empresas de toda a vida están pechadas, o parque empresarial da Trabe está vivindo do que o goberno que presidimos trouxo no pasado.

         Hai que seguir enumerando os desastres da nosa realidade cotiá para demostrar que a dereita non é una solución para Cedeira? Poderíamos seguir falando do abandono do sector da madeira, da praia grande desaparecida, do Plan Xeral de Ordenación Municipal durmindo no caixón dos intereses do PP, do novo Centro de Saúde despreciado, do proxecto de novo trazado da estrada Ferrol-Cedeira substituído por un vergonzante maquillaxe de pintado e parcheado,…

                     En Cedeira, a 19 de novembro de 2013



© 2013 Agrupación Socialista de Cedeira

Dcto. orixinal (PDF ): preme aqui








Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=2269