Confraría de Pescadores de Cedeira
Fecha Martes, 19 noviembre a las 12:14:36
Tema PHP-Nuke


A Confraría de Pescadores de Cedeira impulsa un proxecto de comercialización e diversificación empresarial que se plasma, de momento, na construción dunha nave no polígono industrial da Trabe. O pósito conta cunha subvención de 43.200 euros, outorgada polo Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo, dentro do programa de axudas para actuacións de reindustrialización.

A achega do Goberno central serviu para custear os trámites para a concesión da licenza de obra por parte do Concello (proxecto básico e de execución, estudo geotécnico e pagamento da licenza municipal).

Desde o pósito eluden cuantificar o investimento global previsto, que financiarán a través de fondos propios. Tampouco quixeron precisar o contido do proxecto, que permitiría desde o uso da nova edificación como almacén ata o desenvolvemento de procesos de transformación do peixe.

Pretenden «diversificar», co propósito de conseguir «o mantemento e a sustentabilidade» do pósito, adaptándose para iso «aos novos requirimentos da actividade económica» xerada en torno ao sector pesqueiro. A parcela onde se está levantando a nova construción foi adquirida pola confraría co apoio económico do Ministerio de Industria, Turismo e Comercio, dentro da convocatoria Reindus 2009.

A nave constitúe o primeiro paso dun proxecto de maior envergadura, que se desenvolverá ao longo dos próximos anos, como recalcan desde a entidade cedeirense, que neste momento conta con 70 socios.


Link: VONLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=2268