Concello de Cedeira - Obras
Fecha Sábado, 16 noviembre a las 17:44:50
Tema PHP-Nuke


O Concello de Cedeira acometerá unha reforma integral nun dos espazos máis emblemáticos do municipio: o parque do Floreal. Para iso, o goberno inspirarase na configuración da antiga pista que constitúe unha importante zona residencial e polo de actividade hostelera.

Así, nos 2.463 metros cadrados que ocupa este espazo, o Concello incorporará novos atractivos á pista deportiva e á zona de xogos existentes. Así se creará o primeiro parque xuvenil do municipio que contará cun área para nenos e mozos de entre 8 e 14 anos que constará dunha pequena plataforma de skate, zona de estar en chanzo e macro ajedrez. Tal e como avanzou o concelleiro de Urbanismo, Luís Rubido.



Ademais acondicionarase como zona verde e de estancia a superficie de terra que define a metade da praza. Esta área pasará a estar acoutada en toda a súa extensión por uns xardíns con diferentes entradas a un espazo central de dimensións similares ás do parque Sagrado Corazón, pavimentado con cemento impreso. Á intervención sumarase a presenza de árbores centenarios que xa se atopan na zona, con grandes maceteros asentados en pedestales, imitando aos que ocuparon a praza orixinaria. Tamén desa época, con aires indianos instalarase unha balustrada para acoutar o espazo reservado ao xogo dos máis pequenos. Dotarase ademais de itinerarios peatonales definidos e crearase un espazo diáfano na súa zona central para favorecer a celebración de eventos como verbenas.

Para executar este proxecto valorado en 140.000 euros, o Concello de Cedeira recorrerá ao POS da Diputación. Os restantes 100.000 euros deste plan será destinados a investimento na zona rural, rexeitando deste xeito a administración local a posibilidade de destinar fondos a gasto corrente.

Link: DFONLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=2266