O
Boletín Oficial da Provincia da Coruña publicou onte (
Preme aquí ) as
bases
reguladoras das convocatorias de subvencións do ano 2014 dirixidas aos
93 concellos, a outros organismos locais e ás entidades privadas de
iniciativa social sen ánimo de lucro da provincia.
Dentro
destes programas, a Deputación destina más de 12 millóns de euros ao
fomento de actividades e investimentos de interese público a través das
asociacións, entidades, federacións ou clubs da provincia coruñesa, así
como aos 93 concellos que a conforman.
Este
ano, e por segunda vez consecutiva, o trámite de presentación de
solicitudes realizarase de xeito telemático a través da web www.dicoruna.es, unha ferramenta
coa que se axilizarán prazos e sobre a que a Deputación da Coruña
imparte charlas informativas ao longo de toda a provincia durante o mes
de novembro.
O
prazo para a presentación de solicitudes, que se abrirá mañá venres, é
específico para cada convocatoria e poderá consultarse no BOP. Ademais,
os interesados tamén poderán coñecer aquí os baremos obxectivos para a
concesións das axudas que se realizará con base na concorrencia
competitiva.
As diferentes liñas de subvencións convocadas pola Deputación son:
Área de Servizos Sociais
- Convocatoria para concellos e entidades locais para o desenvolvemento de Servizos Sociais
- Convocatoria
a concellos e entidades locais para desenvolvemento de políticas
de igualdade entre mulleres e homes e de loita contra a violencia
de xénero
- Convocatoria
para concellos e outras entidades locais interesadas na
realización de programas de envellecemento activo
- Convocatoria para entidades sen fins de lucro para o mantemento de servizos sociais
- Convocatoria para entidades sen fins de lucro para o investimento de servizos sociais
- Convocatoria para entidades sen fins de lucro para o mantemento de programas sociosanitarios
- Convocatoria
para entidades sen fins de lucro para mantemento de políticas de
igualdade de oportunidades entre mulleres e homes e loita contra a
violencia de xénero
- Convocatoria para concellos e entidades locais para creación ou mantemento de servizos lingüísticos
Área de Promoción Económica
- Convocatoria para concellos e entidades locais para investimentos de promoción económica
- Convocatoria para concellos e entidades locais para actividades de promoción económica
- Convocatoria para entidades para investimentos de promoción económica
- Convocatoria para entidades para actividades de promoción económica
- Convocatoria
de subvencións de agricultura para entidades asociativas agrarias e
labregas da provincia para actividades
- Convocatoria
de subvencións de agricultura para entidades asociativas agrarias e
labregas da provincia para investimentos
- Convocatoria de subvencións de fomento pesqueiro dirixido a confrarías de pescadores da provincia para actividades
- Convocatoria de subvencións de fomento pesqueiro dirixido a confrarías de pescadores da provincia para investimentos
Área de Deportes
- Convocatoria para concellos e entidades para actividades deportivas
- Convocatoria para concellos e entidades para a realización de investimentos deportivos
- Convocatoria para concellos e entidades locais para a contratación de persoal técnico deportivo
- Convocatoria
para entidades deportivas da provincia sen ánimo de lucro para
desenvolvemento de eventos deportivos oficiais na provincia
- Convocatoria
para entidades deportivas sen ánimo de lucro para a realización de
actividade físico-deportiva non federada
- Convocatoria para entidades deportivas sen ánimo de lucro para infraestruturas e equipamento
- Convocatoria
a clubs deportivos sen ánimo de lucro con equipos de competición
federada para a participación dos equipos federados en competicións
deportivas
- Convocatoria
para federacións deportivas galegas para realizar actividades de
promoción deportiva e formación de técnicos no ámbito provincial
Área de Cultura
- Convocatoria para entidades sen fins de lucro para realizar investimentos culturais
- Convocatoria para entidades sen fins de lucro para realizar actividades culturais
- Convocatoria para concellos e entidades locais para realizar actividades culturais
- Convocatoria para concellos e entidades locais para realizar de investimentos culturais
- Convocatoria para concellos e entidades locais para contratar animadores culturais
Link: D. A Coruña - BOP