A piscina de volverá funcionar nun mes e medio
Fecha Sábado, 18 abril a las 12:27:03
Tema PHP-Nuke


Logo de permanecer preto de once meses pechada, a piscina municipal de Cedeira entrará de novo en funcionamento dentro dun mes e medio. Así o asegurou onte Xermán Tobío, concelleiro de Terra Galega no Concello da localidade e responsable da área de Deporte.
Foi a finais do primeiro semestre do pasado ano, segundo o edil, cando o mal estado da estrutura da cuberta da piscina obrigou ao concello a suspender a súa actividade. De feito, explica o responsable municipal, «un informe técnico de 2008, que sinalaba o delicado estado no que se atopaba, instaba ao Concello a pechar a pisicina e a acometer obras».


Por iso, e tras permanecer pechada varios meses «polo perigo que representa o seu estado», finalmente esta semana comezaron os traballos de mellora, explica o edil. E fano agora «logo de cmprir con toda a burocracia que supón pór en marcha unhas obras». Así, durante os próximos días, a empresa adxudicataria dos traballos cambiará a cuberta da piscina e mellorará a climatización, a iluminación, a instalación eléctrica e a fontanería. Xa en setembro do pasado ano, o Concello actuou de urxencia para retirar o falso teito que amenzaba con derrubarse. Ademais, explica o edil, o Concello aproveitará para substituír o tellado do polideportivo, próximo á piscina.

O edil asegura que unha vez se renove a actividade na piscina municipal, o concello respectará os bonos adquiridos polos seus usuarios antes do peche da instalación, a finais do primeiro semestre do pasado ano. «O tempo que a piscina estea pechada non contará», asegura o concelleiro. Preto de 500 veciños de Cedeira fan uso das instalacións. Segundo estima Tobío, a piscina ten «preto de 21 anos e nunca sufriu obras de mellora, polo que estas reformas eran necesarias».

Link: VONLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=226