AC-566. OBRAS DE MANTEMENTO, NON DE SOLUCIÓN
Fecha Martes, 12 noviembre a las 18:00:55
Tema PHP-Nuke


 
Agrupación local de Cedeira
Grupo municipal



        O grupo parlamentario do PsdeG-PSOE presentará unha emenda aos orzamentos do 2014 da Xunta de Galicia que pretende convencer ao PP da necesidade de incorporar partidas que permitan manter vivo o proxecto de mellora real da estrada entre Cedeira e Ferrol.

         Con isto estamos situando a actual intervención sobre o pavimento que todos coincidimos en considerar de imperiosas obras de mantemento, de parcheado e pintura, que non satisfán nin de lonxe as necesidades dos cedeireses, nin as promesas do nefasto Conselleiro de Infraestructruras, Agustín Hernández, diante dun público entregado nas campañas electorais do PP de Cedeira, para honor e gloria dos Rubido.

         O ex delegado provincial da Consellería de Ordenación do Territorio e Infraestructuras, actual voceiro do grupo municipal socialista de Valdoviño, Alberto González, foi o responsable de tramitar diante dos representantes socialistas no parlamento galego esta reivindicación comarcal, fundamental para Cedeira, no ánimo de que os avances e compromisos do goberno Touriño non queden no caixón dos esquecementos do PP.

OBRA/ACTUACIÓN        
Acondicionamento AC566, tramo Cedeira-Valdoviño

ORZAMENTO
6.000.000 €

DATOS 

*    Prometido polo goberno Touriño para terse executada no 2011.
*    Estudo de toda a AC566 realizado.
*    Nos orzamentos do 2010 inclúese o tramo Narón-Valdoviño. Pero     segundo información facilitada na casa de Cultura de Valdoviño por representantes da MATI este ano NON se executa nada o que supón INCUMPRIMENTO orzamentario do 2010 (3.000.000 €).
*   Tampouco se executa o orzamento do 2011, 225.000 €.


         Sabemos que nos dirán (os irmáns Rubido repíteno constantemente) que “non hai cartos”, como si se tratase dunha maldición divina, allea á propia xestión da dereita galega  cedeiresa (están convencidos que somos tontos). Nembargantes, para comunicar Padrón con Santiago, sí hai cartos, como anuncian nos medios de comunicación. O mesmo nos din a respecto do noso Centro de Saúde, para xustificarse diante do seu electorado, que se bota as mans á cabeza, porque nin eles entenden que os líderes cedeireses do PP busquen excusas para non traballar para que o Convenio, firmado no 2011 entre a Xunta de Galicia e o Ministerio de Agricultura de Madrid, sexa, por fin, unha realidade.


             En Cedeira, a 12 de novembro de 2013



© 2013 - PSdeG-PSOE Cedeira

Dcto. orixinal (PDF) : preme aquí


Link: PSdeG.PSOE Cedeira






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=2259