Concello de Cedeira - 1.812 vivendas baleiras
Fecha Jueves, 07 noviembre a las 11:25:01
Tema PHP-Nuke


Segundo os últimos datos feitos públicos o pasado mes de abril polo Instituto Nacional de Estatística (INE), o municipio de Cedeira sitúase entre os concellos galegos con máis de 2.000 habitantes con maior porcentaxe de vivenda baleira -é o segundo de toda Galicia, cun 33,98%-, só precedido por Carnota.

Das 5.336 vivendas contabilizadas na vila en 2011 polo INE, 2.648 eran principais, 874 secundarias e 1.812 estaban baleiras.


Unha situación na que o goberno de Leopoldo Rubido viu un potencial turístico e que prevé rendibilizar a través da creación dunha central de reservas de aluguer.
Tal e como explicou o portavoz municipal, Luís Rubido, o proxecto fraguarase baixo unha imaxe de marca e cuns protocolos de calidade. "Cremos que se trata dunha posibilidade compatible cos establecementos hostaleiros do municipio cos que contaremos á hora de pór en marcha a proposta", puntualizou Rubido.
O Concello, que traballa estes días na aplicación informática para xestionar o proxecto, actuará de promotor pero será unha asociación de propietarios a que se fará cargo da súa xestión. Destaca a adaptabilidad dos alugueres á demanda, sobre todo por períodos curtos de tempo e insiste en que "a mellor proposta turística fracasaría agora se non temos organizado este mercado", que se dispara sobre todo na época estival, de feito esperan polo en marcha de face á próxima primavera, coa celebración do Campionato Nacional de Bádminton.
Unha vez desenvolvida a aplicación e establecido o contacto cos propietarios interesados e co sector hostaleiro, os pisos entrarán nas canles de venda deste tipo de produtos como as axencias de viaxes, entre outros.

Link: DFONLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=2253