PSdeG-PSOE CEDEIRA - Centro de Saúde
Fecha Miércoles, 06 noviembre a las 13:11:13
Tema PHP-Nuke


CONCELLO DE CEDEIRA
GRUPO MUNICIPAL SOCIALISTA
José Luis Vergara Rey

ASUNTO:  CENTRO DE SAÚDE



     A Agrupación Local do PsdeG-PSOE, tramitou diante do seu grupo no Parlamento de Galicia, unha emenda aos orzamentos para que se inclúa o finanzamento da Xunta de Galicia para a construcción do Centro de Saúde, conveniado o 7 de maio do 2011 co Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente.

     O compromiso establecido entre estas dúas institucións supoñían un orzamento de 2.445.000 € que permitiría, ademáis de superar deficiencias estructurais, xa denunciadas de antiguo, incorporar novos servicios como fisioterapia igualmente demandados pola corporación que presidimos e finalmente incorporados no organigrama da propia Consellería de Sanidade.

     O convenio prevía a aportación ao 50% por Madrid, canalizando Fondos Europeos, e o mesmo polo SERGAS. Desta maneira concretrábanse os orzamentos do 2010 ( en Cedeira, o Goberno estaba presidido polos socialistas) no que xa aparecía o noso centro de saúde. De feito deixamos adxudicado o solo necesario e suficiente para que Santiago non pudese poñernos disculpa algunha para a demora.

     Pero o goberno de Rubido, dos Rubido, puxo todos os atrancos para que a Xunta de Galicia paralice os libramentos necesarios e, conseguintemente tamén Madrid, e a consecuencia é que o noso  Centro de Saúde para o 2014, nada de nada. Outro ano perdido. E o máis imperdoable é que o PP local bótalle a culpa a que a Xunta non ten cartos.

     Son eles, Leopoldo e Luis Rubido e, con eles, todo o PP de Cedeira, quenes fixeron o que á Xunta lle interesaba para non invertir na sanidade desta esquina de Galicia. Non lles cedeu o solo que deixamos disponible para usarse de forma inmediata. A semana pasada, xa expuxemos cómo outros concellos de caracteríaticas semellantes ao noso, sí recibía a atención dos orzamentos da Xunta de Galicia, Ares, Somozas, etc. etc. Mentres tanto, quenes mandan en Cedeira adícanse a pasear, coma señoritos ociosos.

     Calquer argumento lles gustaba con tal de impedir que o Centro de Saúde se construise.  A xente que non coñece á dereita e á extrema dereita cedeiresa, parécelles imposible que tal actitude obstruccionista se produza, pero aos feitos nos remitimos. Non dixeron verdade cando falaron do fácil que era construir onde agora está o Centro de Saúde e tampouco foron honrados cando dixeron que o solo que nós dispuxemos, ao lado do Instituto e da piscina, non contaba cos parabens legais.

     Os socialistas de Cedeira, daremos pasos para traer para Cedeira o que o PP impide. Outra vez máis, estamos claros de que aos Rubido todo lles vale, que unha infraestructura que eles non lograron, sexa unha realidade para a cidadanía. Frente aos caprichos e ao sectarismo teremos que sair á rúa, unha vez máis, para que non se nos vaia das mans o tan necesario Centro de Saude.

                              En Cedeira, a 4 de novembro de 2013.


Link: PSdeG-PSOE CEDEIRA






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=2252