XXIV Festa de Samaín
Fecha Miércoles, 30 octubre a las 17:24:44
Tema PHP-Nuke


Cedeira acollerá esta fin de semana a XXIV edición da súa tradicional Festa de Samaín. Organizada pola Asociación Amigos de Samaín, a programación arrancará este venres, 1 de novembro, e prolongaráse ata o domingo. A oferta de actividades está pensada para toda a familia, con especial protagonismo para os máis pequenos da casa. Así, nenos e nenas poderán  participar este venres, dende as cinco da tarde, nun particular obradoiro con castañas, no que realizarán, entre outras creacións, colares. A continuación, sobre as 17,30 horas, novo taller, neste caso de globoflexia e, a partires das 18 h, a  organización invitaráos a presenciar un espectáculo de títeres a cargo de Chincha Rabincha titulado “A xanela do maxín”.


Todo isto, no Paseo da Marina. A festa continuará o sábado. Ás catro e media da tarde, e no mesmo escenario, iniciaráse  un taller de cabazas, que posteriormente se poderán presentar a concurso. Ás 17 horas, os máis pequenos poderán  formalizar a súa inscripción na tradicional ginkana. E, media hora máis tarde, comezará o obradoiro de maquillaxe. Paralelamente, os asistentes poderán degustar a merenda de outono, a base de requeixo e mel e bola de zucre, para  acompañar con diferentes bebidas. Ao caer a noite chegará unha das actividades máis especiais: o casco vello quedará a escuras para acoller un pasarrúas que guiarán as luces das cabazas. E, para rematar a festa, á beira do río, procederáse á queima da gran cabaza. Por último, o domingo ás sete da tarde, o Auditorio Municipal acollerá a actuación de Quico  Cadaval, que ofrecerá ao público cedeirés o seu contacontos para adultos “Pantasmas familiares”. O mesmo escenario tamén acollerá o pase, en primicia, do videoclip “Unha festa con castañas”, no que participou xente de Cedeira e da  asociación Buxainas.

Link: Concello de Cedeira






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=2245