Os FOGUETES de Rubido
Fecha Lunes, 28 octubre a las 18:29:58
Tema PHP-Nuke


 




"   O PP, ante as críticas dos socialistas de Cedeira, arremete contra Vergara batendo contra o que considera o seu flanco débil, a xestión do concelleiro Germán Tobío. Neste caso métese cos fogos artificiais.
     Efectivamente, trátase dun elemento de comparación permente a respecto das festas patronais. É certo que os fogos artificiais constitúen un elemento de reclamo para os nosos visitantes, que por miles esperan ser sorprendidos e maravillados polo noso marco incomparable e pola creatividade do fogueteiro. Ata esa hora os establecementos hosteleiros están petados.
     Luis Rubido sábeo e leva loitando, sen conquerilo, superar a Tobío. O que Rubido propón, ano tras ano de xestión popular,  é unha nova frustración para quenes abarrotan Cedeira ás 12 da noite no noso dia grande. E ante tamaña desilusión bótalle a culpa aos cartos: Tobío era mellor fogueteiro porque dispuña de máis cartos.
     Quenes temos elementos de comparación sabemos que tal diferencia económica non existe. Rubido conta cos cartos en B, sen control do cobro dos chiringuitos. Case ninguén pode saber o que Rubido recolle. Pola contra, nós recuperamos esta xestión para a Comisión de Festas que fixo o que mellor lle pareceu. Os cartos que nós usamos son claros e transparentes. Pola contra, ningún cidadán sabe hoxe, tampouco os servicios de control do Concello, o que se recolle neste e noutros capítulos.
     Sabemos o que custa cada luminaria, e estamos certos que Rubido gastou o mundo nos fogos de artificio, tamén neste 2013. Que superou con creces, no ano máis doloroso da crise, o presuposto de anos precedentes. A caixa B dá moito de sí. Pero non só con cartos de consiguen as cousas. Ademáis fai falla ter creatividade e nisto, e noutras cousas tampouco, Rubido non supera a Tobío. O segundo tenente alcalde do goberno presidido por Vergara foi quen de arrancar aplausos e admiración non só hacia as cores que se debuxaban no ceo senón que fixo falar á Madalena, á praia de Cedeira, símbolo e patrimonio (hoxe destruído) de Cedeira.
     Dito o anterior, os socialistas cedeireses, se estivésemos a gobernar hoxe en Cedeira, optaríamos polo gasto social, frente ao gasto festeiro. Priorizaríamos o impulso económico frente ao gasto en alquileres millonarios. Hoxe, tras tantos anos de dureza económica, non podemos castigar á cidadanía con impostos que logo se reparten entre os amiguetes.

Cedeira, hoxe, sábeo,non se lle pode enganar sempre.   "







Link: Agrupación Socialista de Cedeira






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=2244