Concello de Cedeira - Maiores
Fecha Miércoles, 23 octubre a las 08:55:43
Tema PHP-Nuke


A xunta de goberno local de Cedeira aprobou o contrato de aluguer dun local na praza Roxa, hai pouco máis dunha semana, para crear un novo centro de maiores, despois de que o alcalde, o popular Leopoldo Rubido, levantase o reparo emitido polo interventor. O técnico advertía, nunha nota do 19 de xullo, da ausencia de «requisitos esenciais» como o certificado de eficiencia enerxética, un orzamento valorado das obras de acondicionamento, autorizacións sectoriais ou da comunidade de propietarios.

«Urxencia» da contratación

«Todas estas cuestións son aspectos menores dentro do expediente e existen dúbidas sobre a súa necesidade. Pesa máis a urxencia de contratación por tratarse dun local moi ben situado e con outras ofertas», aduce a resolución da Alcaldía do 4 de setembro. Noutro punto do escrito xustifica a elección do local polo custo do arrendamento, «por debaixo do prezo do mercado». O Concello pagará 700 euros ao mes durante o primeiro ano, 900 o segundo e 1.200 a partir do terceiro, cun contrato por catro anos, prorrogable por outros tantos.

Link: VONLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=2238