Concello de Cedeira - Urbanismo
Fecha Sábado, 19 octubre a las 08:32:13
Tema PHP-Nuke




Os particulares que promoven o Plan Especial de Reforma Interior (PERI)-Unidade de Execución Integral 1 da Xunqueira, en Cedeira, urxen a súa ratificación definitiva por parte do Concello, transcorridos máis de seis anos desde a aprobación inicial e case tres desde que se decretase o levantamento da suspensión dos trámites do plan, derivada da aplicación da Lei de medidas urxentes en materia de ordenación do territorio e do litoral de Galicia.

Concepción Arriví, propietaria, xunto á súa irmá Antonia, do 75,30 % da superficie afectada polo PERI, lamenta «a inacción absoluta e o obstrucionismo por parte do Concello», tanto do anterior goberno como do actual. Asegura que, tras diversas reunións con técnicos municipais, o 24 de maio de 2013, solicitou que continuasen os trámites deste expediente, sen éxito, polo menos de momento, lamenta.


© 2013 - La Voz de Galicia


28.100 metros cadrados

O PERI-UEI 1 da Xunqueira abarca 28.100 metros cadrados, entre a estrada e o río Condomiñas, cunha zona verde de 6.400 metros cadrados, unha parcela reservada para equipamentos públicos, outras destinada a vivendas de protección pública e varios solares onde se poderían levantar vivendas, establecementos hostaleiros, locais comerciais, etcétera.

Recualificación urbanística

Arriví critica que o Concello de Cedeira teña iniciado un expediente de modificación puntual do Pxom «para recalificar unha parcela de 2.610 metros cadrados (fronte á gasolineira), para permitir un uso comercial», cando no plan «xa está previsto chan para estes usos (...)», como o do PERI-UEI A Xunqueira». E advirte dunha actuación «cando menos á marxe da normativa urbanística en vigor».

O portavoz do goberno local, o popular Luis Rubido, xustifica o atraso por «a complexidade técnica do expediente, que no seu momento se tramitou de forma errónea, a criterio dos actuais técnicos xurídicos, e sobre o que os técnicos de urbanismo teñen dúbidas». Nega calquera interese político en demorar o proceso. «Que lles quede claro que o Concello quere que se aprobe canto antes porque o espazo verde porá en valor a zona da Xunqueira e disporemos de solares en compensación», insiste. «Supoño que dun momento a outro sairá adiante», conclúe.

Link: VONLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=2234