Concello de Cedeira - RESOLUCION DE ALCALDÍA
Fecha Miércoles, 16 octubre a las 14:07:38
Tema PHP-Nuke


NOTIFICACIÓN

En virtude do ordenado por ALCALDIA, poño no seu coñecemento que con data nove de outubro de dous mil trece, foi ditada a seguinte Resolución:

RESOLUCIÓN DE ALCALDÍA

Asunto: ACCESO A EXPEDIENTES SOLICITADO POR D. JOSE LUIS VERGARA REY, VOCEIRO DO GRUPO PSdeG-PSOE.
Data decreto: 09/10/2013
Núm. Decreto: 357


    Visto que con data 7.10.13 ( rex entrada 5691 )D. Jose Luis Vergara Rey, voceiro do grupo político do PSdeG-PSOE, presenta escrito no que solicita consultar o expediente polo que o Concello se fixo coa propiedade, así como o que respecta á propia construcción, subvencións etc sobre o que hoxe se eleva o Auditorio e Centro da Terceira Idade.

    Considerando o previsto nos artigos 14, 15 e 16 do regulamento de organización, funcionamento e réxime xurídico das entidades locais, R.D. 2568/1986, nos que se recoñecen os dereitos dos concelleiros a obter información que obren no poder dos servizos da Corporación e resulten precisos para o desenrolo da súa función, sen que necesariamente deba ser autorizada a expedición de copias.

    Considerando que a realización práctica ou articulación deste dereito á información debe de facerse de forma que se garanta, así mesmo, o principio constitucional de eficacia no funcionamento da Administración ( art. 103 CE ) para que non se perturbe o normal funcionamento da Corporación.

    Pola exposto RESOLVO:

1.- Autorizar o acceso ós expedientes  relativos ó edificio municipal onde se atopa o Auditorio Municipal que de seguido se relacionan:

       - Expediente de adquisición do solo onde se atopa o edificio municipal.
       - Expediente relativo á construcción do edificio municipal.
       - Expediente/s relativo as subvencións concedidas ó respecto.

       - Cando se tivese recompilada toda a documentación comunicaráselle ó Sr. Concelleiro solicitante para realizar a consulta da mesma. O prazo para que se leve a efecto a consulta non poderá exceder de 3 meses contados a partir da notificación da presente resolución.


Link : Concello de Cedeira - ALCALDIA






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=2233