Concello de Cedeira - Maiores
Fecha Miércoles, 16 octubre a las 09:02:39
Tema PHP-Nuke


O Concello de Cedeira pagará unha media mensual de mil euros, durante catro anos, en concepto de aluguer do baixo da praza Roxa onde se habilitará o novo centro de maiores. A xunta local de goberno aprobou o luns o contrato de arrendamento, por un prazo inicial de catro anos, prorrogables, a vontade do Concello, por outros catro.

O acordo estipula o abono dunha renda de 700 euros ao mes durante o primeiro ano, 900 no segundo exercicio e 1.200 a partir do terceiro, segundo explicou onte o portavoz do executivo municipal.

O popular Luis Rubido insistiu en que o gasto para o Concello será menor que a contía da subvención que pagaba, ata o pasado 1 de outubro, cando venceu o contrato, á concesionaria da explotación da cafetería do auditorio, onde se reúnen agora os maiores, que percibía 1.070 euros (e non 1.200 como manifestara no pleno).

O Concello investirá, doutra banda, uns 7.000 euros en acondicionar as instalacións da praza Roxa, onde habilitará un aseo adaptado e un soportal para facilitar o acceso, e instalará un sistema de iluminación con leds, de «moi baixo consumo», subliña o concelleiro.

O mobiliario trasladarase doutras dependencias municipais, indicou. Os traballos poderían concluír no prazo de dúas semanas, polo que, en novembro porase en funcionamento o local. Rubido explicou que pretenden «dinamizar» o centro de maiores, con actividades de animación e servizos como barbería ou podoloxía para os usuarios.

En canto ao local do auditorio, o PSOE solicitou información ao Concello acerca dos expedientes de compra do chan onde se atopa este edificio, a construción do mesmo e as subvencións concedidas para a súa execución. O portavoz, José Luis Vergara, lamenta «a lentitude» con que se tramita a súa petición. «Nisto tamén nos dan largas», reprocha.


Link: VONLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=2232