Catastro - Concello de cedeira
Fecha Domingo, 13 octubre a las 09:32:01
Tema PHP-Nuke


O Concello de Cedeira e a Xerencia Territorial do Catastro acordaron aplicar unha dedución sobre o Imposto de Bens Inmuebles (IBI), máis coñecido como contribución, para neutralizar a subida dos valores catastrales na zona rural para o próximo ano. Representantes municipais mantiveron un encontro esta mesma semana co gerente rexional, Benito Bericochea. O organismo que preside asumiu íntegramente as demandas suscitadas en defensa do colectivo de contribuyentes descontentos coa liquidación do imposto que se anuncia para o próximo ano e que igualaba o pago do chan rústico ao urbano.

O goberno local, que aprobou esta subida no pleno de xuño, avanza que se tomarán os acordos para que esta decisión política tome eficacia xurídica. Para iso suscitarase a figura da dedución potestativa que lle permite a Lei Reguladora de Facendas Locais para evitar que os veciños do rural afronten subidas do IBI.

Con esta solución evítase tamén que os propietarios asuman gastos profesionais por recursos e contenciosos. Ademais o Concello aclara que os traballos de valoración foron realizados por funcionarios de Facenda sobre escrituras de venda dos últimos anos. O único traballo realizado por unha empresa privada foi a elaboración dunha cartografía.

Link: DFONLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=2231