O que o «vento» levou a Galicia
Fecha Sábado, 18 abril a las 10:14:52
Tema PHP-Nuke


Leslie Howard, unha das estrelas do filme, terá un monumento na Capelada, preto de onde se cre que o seu avión foi derrubado polos alemáns en 1943

Leslie Howard vai ir «de morto» onde nunca «foi de vivo». O actor británico que interpretou ao bo de Ashley Wilkes no que o vento levou (1939) terá un monumento cerca do santuario de San Andrés de Teixido, na Capelada, xusto fronte ao lugar no que, segundo unhas novas investigacións, unha escuadrilla de avións Junkers 88 derrubou o Ibis no que regresaba a Londres desde Lisboa en xuño de 1943.


Ata agora, os historiadores apuntaban a que morreu no golfo de Biscaia. A iniciativa parte da editorial Facta, na que está publicado O voo do Ibis, do escritor José Rei Ximena, e a asociación The Royal Green Jackets. O que pretenden é render homenaxe ao que foi un dos galanes da meca do cine entre 1920 e 1943, ano no que faleceu preto das costas galegas. Farano reproducindo as hélices do avión. En cada unha delas estarán os nomes dos que perderon a vida aquel día fronte a Cedeira.

Link: VONLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=223