Concello de Cedeira - Maiores
Fecha Viernes, 11 octubre a las 12:55:02
Tema PHP-Nuke


A resposta do secretario do Concello de Cedeira á solicitude formulada polo portavoz socialista, José Luís Vergara, en relación ao aluguer dun baixo na praza Roxa, para o futuro centro de maiores, evidencia que " non existe o contrato e o resto dos puntos que se supón debería incluír o proxecto, do que tanto alardeaban ( en alusión ao manifestado polo goberno do PP no último pleno ), nada de nada ", subliña o concelleiro.

"Autorizar o acceso ao expediente administrativo relativo ao contrato de arrendamento (...), unha vez rematada a tramitación do referido expediente. Así,no prazo de 15 días desde a formalización do contrato en documento administrativo, poráselle de manifesto para a súa consulta", reza a contestación.

"En relación coa información relativa ao resto dos puntos ( mobiliario, rehabilitación, climatización, mantemento, máquinas, teléfono, luz, etc ), non se iniciou expediente algún a día de hoxe", conclúe.

Link: VONPaper






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=2227