Consellería do Mar - Porto de Cedeira
Fecha Jueves, 03 octubre a las 13:29:08
Tema PHP-Nuke


As obras da nova lonxa de Cedeira finalizarán o 11 de outubro e as poxas de peixe, que levan máis dun ano realizándose nun local próximo, comezarán antes de que finalice este mes, segundo confirmou a Consellería do Medio Rural e do Mar. A primeira fase dos traballos, que prevían acabar en 2008, concluíu ao ano seguinte, cando se consignou unha partida de 1,9 millóns para o remate. Pero a execución da segunda fase do proxecto non comezou ata finais de 2012. A obra acumula, xa que logo, uns tres anos de atraso.

© 2013 - La Voz de Galicia


Durante a actuación inicial construíronse 19 almacéns destinados ás empresas que se dedican á exportación de peixes ou mariscos. A intervención completouse agora coa derriba das antigas chabolas onde se almacenaban as capturas e coa demolición da vella rula. Esta última fase resultou «especialmente dura» para os compradores de peixe que acoden cada tarde á rula. As vendas trasladáronse a un local próximo, «en condicións moi precarias», como denunciaron de forma repetida, desde que se derrubaron as portas e as fiestras da antiga rula, hai máis dun ano. «Levamos todo este tempo traballando sen ter nin sequera un baño», recordan. As queixas sucedéronse e baralláronse varias opcións, pero ningunha callou. O sector pesqueiro cedeirense leva anos demandando a ampliación e a modernización das instalacións da lonxa, factores «determinantes» para consolidar este porto como líder de vendas de produtos do mar nas comarcas de Ferrolterra, Eume e Ortegal. «Cremos que pode dar un impulso moi importante ás vendas e conseguir que vendan aquí máis barcos... Se conseguíramos que todos os deste porto operasen aquí xa sería un adianto», manifestou o patrón maior do depósito, José Agustín Pérez Pernas. «Tiñamos a única lonxa de Galicia con chan de baldosa... agora non rompe a cadea de frío e pasa o peixe directamente aos fresqueiros», comentou, convencido de que as novas instalacións facilitarán o traballo e abrirán novas expectativas de negocio para o sector pesqueiro da localidade.
Link: VONLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=2219