PSdeG-PSOE - Cedeira . Acceso expediente Local para maiores
Fecha Miércoles, 02 octubre a las 08:55:58
Tema PHP-Nuke





CONCELLO DE CEDEIRA
GRUPOMUNICIPAL SOCIALISTA
José Luis Vergara Rey

ASUNTO: ACCESO A EXPEDIENTES
Local para maiores


         Con motivo do que o grupo de goberno denomina “proxecto” de local para os nosos maiores, ante as dúbidas que desperta entre a cidadanía e, debido á negativa do PP a responder ás preguntas que o noso grupo lle realizou no pleno do pasado 25 de setembro, parapetándose nunha mal interpretada lei de protección de datos, procedemos a solicitarlle o acceso a canta información posúan a respecto do mencionado “proxecto”, a saber:
     1. Contrato de aluguer do mencionado local.
     2. Provisionamento mobiliario, mesas, cadeiras, etc. Procedencia,        contratación se fose o caso, etc.
     3. Rehabilitación, decoración, accesibilidade ao local e baños. Proxectos e custos.
     4. Climatización do local, verán e inverno. Proxectos e custos.
     5. Custes de limpeza. Persoal e frecuencias de limpeza.
     6. Atención do local. Número e identificación.
     7. Períodos de apertura.
     8. Contratación de máquinas expendedoras de bebidas, bocadillos, etc. Previsións económicas.
     9. Contrato coas compañías subministradoras de electricidade.
   10. Contrato coas compañías subministradoras de teléfono.
   11. Previsións para a próxima posta en funcionamento.
   12. Programa de actividades .
   13. Medios audiovisuais, informáticos, biblioteca, etc.
   14. Outras intervencións que afecten a este “proxecto”

En Cedeira, a 1 de outubro de 2013
JOSÉ LUIS VERGARA REY
PORTAVOZ DO GRUPO SOCIALISTA


© 2013 - PSdeG-PSOE Cedeira


Link: PSdeG-PSOE Cedeira






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=2217