"Xunta de Goberno do PP" versus "SomosCedeira"
Fecha Domingo, 29 septiembre a las 19:09:06
Tema PHP-Nuke


Ante as acusacións de "supostas irregularidades" vertidas pola plataforma cívica SomosCedeira, o Concello aclara que o contrato de aluguer do local que albergará o centro de maiores, na praza Roxa, "está avalado pola Lei". "O Real decreto 3/2011, texto refundido da Lei de Contratación do Sector Público, exclúe expresamente do seu ámbito os contratos de arrendamento", explica o goberno local.
O executivo indica , ademais, que "o artigo 60, en relación ao 28 da Lei 30/1992, establece a incompatibilidad para a contratación coa Administración a cónyuges e fillos.
Ademais, dita incompatibilidad non se estende a parentescos de cuarto ou quinto grado".
Conclúe que , "á marxe de valoracións particulares, a Lei establece que a contratación é conforme a dereito en toda a súa extensión".
Os integrante da Xunta de Goberno resérvanse "as accións que procedan" ante o que consideran "unha intromisión no seu dereito ao honor".
O goberno cedeirés insiste en que prestar un servizo para os maiores "en locais situados en zona comerciais e céntricas estase convertendo en práctica habitual". E confía en que se converta en lugar de encontro e goce.

Link: VONPaper






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=2215