Concello de Cedeira - Terceira Idade
Fecha Sábado, 28 septiembre a las 08:37:18
Tema PHP-Nuke


A adjudicataria da xestión da cafetería do auditorio municipal de Cedeira «seguirá explotándoa, polo menos un tempo, como acordou a xunta de goberno, aínda que o contrato vence o 30 de setembro», asegura o portavoz do executivo local. O servizo manterase «polo menos» mentres non finalicen as obras do local alugado polo Concello na praza Roxa e, segundo manifestou o popular Luís Rubido no último pleno, podería continuar, á marxe da apertura do outro espazo, atendendo a demanda vecinal.

Desde a plataforma cívica SomosCedeira alertan de «supostas irregularidades» no arrendamento dun baixo privado, «a dedo». «Consultados expertos en contratacións administrativas públicas, chegamos á conclusión de que hai serios indicios dunha actuación ilícita por parte do Concello», afirman. E é que, argumentan, neste caso non se abriu ningún procedemento de adjudicación, no que deberían valorarse criterios como a oferta económica, o emprazamento e o estado do local, ou o seu adecuación ao uso previsto. Co agravante, advirten, de que o dono do inmueble «é parente do alcalde».




© 2013 - La Voz de Galicia


Link: VONLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=2214