CIG-Ferrol --- Mar
Fecha Miércoles, 25 septiembre a las 19:06:37
Tema PHP-Nuke


A CIG-Ferrol denuncia a falta de vendas na lonxa da Confraría de Cariño porque os pesqueiros levan o peixe a outras rulas
Estas prácticas están ocasionando un grave prexuízo ás arcas do pósito
A Unión Comarcal da CIG de Ferrol vén de denunciar publicamente a falta de vendas rexistrada na lonxa da Confraría de Cariño por parte dos pesqueiros do pósito cariñés. Unha situación que está a ocasionar graves problemas económicos ás arcas da entidade.

O co-voceiro da CIG-Ferrol, Xesús Anxo López Pintos, denuncia que á cabeza desta práctica está o propio pesqueiro do Patrón Maior, que xunto a outros transportan o peixe para lonxas de fóra (principalmente para A Coruña), “producindo un efecto moi negativo nas arcas da Confraría”.

Esta situación, apunta, provoca que se teña que vender o patrimonio inmobiliario para que a Confraría poida manter os empregos e os servizos.

“Estes días, o Patrón Maior da Confraría de Cariño laiábase na prensa comarcal dos graves problemas económicos que está a pasar o Pósito, cando el mesmo é dos que venden o peixe noutras lonxas”, denuncia Pintos.



Link: CIG Ferrol






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=2210