Catastro - Concello de Cedeira
Fecha Lunes, 23 septiembre a las 21:22:32
Tema PHP-Nuke


O Concello de Cedeira informa aos veciños de que persoal do Catastro desprazouse á vila para atender as súas consultas e reclamacións en torno á última revisión de valores. Así, dende esta mesma semana e ata o  próximo 18 de outubro, cinco funcionarios adicaránse en exclusiva a esta labor en horario de mañá, de 10 a  14 horas. Sen necesidade de cita previa, atenderán ao público no Edificio do Centro Social de Cedeira. Un  servizo que virá a reforzar o traballo que se desenvolve dende o Punto Municipal de Información Catastral, oficina que continuará, como ata a data, prestando servizo aos veciños de luns a xoves de 10 a 14 horas na  pranta baixa da casa consistorial.

Link: Concello de Cedeira






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=2209