Concello de Cedeira - Terceira Idade
Fecha Jueves, 19 septiembre a las 19:19:32
Tema PHP-Nuke


O Concello de Cedeira invita aos maiores do municipio a participar nunha nova excursión. Nesta ocasión e  dadas as datas, a viaxe organizada terá destino próximo: a cidade de Lugo, que vivirá en escasas semanas  as festas de San Froilán. Así, a excursión está prevista para o sábado 5 de outubro, aínda que as persoas  interesadas en participar deben reservar a súa praza previamente chamando ao teléfono 650 779 862.

custe da excursión é de 30 euros e inclúe os desprazamentos en autocar, comida no restaurante do Gran  Hotel de Lugo a base de callos, carne asada, torta de Santiago e café, e unha visita á cidade.

Os autocares partirán ás 10 horas da parada ubicada nas inmediacións da cafetería Plaza, excepto para os  residentes nas parroquias, que deberán esperar ao autobús nas súas paradas habituais unha hora antes, ás  9. Así mesmo, o regreso está previsto para as 23,30 horas. Por último, o Concello anima aos maiores a  participar nesta actividade, que forma parte dun calendario estable de excursións para o colectivo da  Terceira Idade.

Link Concello de Cedeira






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=2206