PP Cedeira : + IBI x - Servizos
Fecha Miércoles, 18 septiembre a las 12:48:09
Tema PHP-Nuke


O aumento do tipo de gravame do Imposto de Bens Inmuebles (IBI) aprobado no pleno do 19 de xuño xerou malestar e preocupación entre moitos veciños do municipio de Cedeira. O incremento supón que o tipo aplicado aos bens de carácter rústico pasa do 0,30 ao 0,55 % e se equipara ao urbano, que ascende do 0,46 ao 0,55 %. O PP, á fronte do goberno local, xustificou esta medida pola recente revisión catastral, «á baixa», e asegurou que non supoñería un maior custo para os propietarios.

Pero, segundo alertan veciños de varias parroquias, a actualización catastral asignou valores de mercado que, «en moitos casos -afirman-, duplican o seu valor real» e equiparan áreas rurales con contornas urbanas. Tamén se detectaron erros «na delimitación do chan urbano de moitos núcleos rurales, polas que se fai pagar aos donos máis chan urbano» do que figura na normativa urbanística en vigor.

Ante esta situación, o portavoz do executivo local, Luís Rubido, mostra a disposición do Concello a revisar a subida do IBI «nos casos en que se demostre que as propiedades están sobrevaloradas». Para iso, afirmou, realizarán unha consulta ao Catastro. «Si é así propoñeriamos que se baixe, porque de ningún xeito queremos que haxa propiedades cun valor maior ao real», explicou.

LINK: VONLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=2202