O Percebe de Ouro para o Festival Celta
Fecha Miércoles, 11 febrero a las 11:26:48
Tema PHP-Nuke


O Ortegal será o protagonista da Gran Noite de Galicia en Barcelona, que se celebra o venres 20 no Palacio de Congresos de Cataluña

 
Na XXVII Gran Noite de Galicia en Barcelona, organizada pola Enxebre Xuntanza do Percebe, desembarcará todo o Ortegal. Primeiro, e sobre todo, porque a insignia máis importante das que se conceden nesa velada, o gran trofeo Percebe de Ouro, vai parar ó Festival de Ortigueira. É un recoñecemento á súa difusión de Galicia no resto de España e no estranxeiro. Pero haberá tamén varios alcaldes e ex alcaldes da zona, que recibirán insignias de ouro e pasarán a formar parte da asociación. Ferrolterra destacará tamén no menú, pois moitos dos mariscos que se servirán na copiosa cea proceden dos mares e rías do Noroeste.A festa celebrarase o 20 de febreiro, no Palacio de Congresos de Cataluña. Entregaranse as insignias Percebe de Ouro a, entre outros, ós alcaldes de Neda (José Ignacio Cabezón), Cedeira (José Luis Vergara), Mañón (Alfonso Emilio Balseiro), Cariño (José Luis Armada), A Capela (Ángel López) e Ortigueira (Rafael Girón). Tamén a Pablo Villamar, vicepresidente da Deputación da Coruña.

Tamén se entregará a Praca de Prata ó Centro Superior de Hostalería de Galicia e o Gran Percebe de Prata ó porto de Celeiro.No menú que degustarán as máis de 1.500 persoas que participan nesta festa figuran empanadas varias de Neda, berberechos de Barallobre, percebes de Cedeira, salsa de ameixas das Pías (para acompañar a pescada), bola e proia de Neda, tarda de Ortigueira e requeixo da Capela con mel. A Enxebre Xuntanza do Percebe é unha asociación sen ánimo de lucro formada por emigrantes galegos afincados en Cataluña que busca estreitar os lazos entre as culturas galega e catalá.Na edición do ano pasado tamén tivo moita importancia Ferrolterra, xa que se premiou ó Plan de Dinamización Turística Ferrol-Ortegal.
Link: DFONLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=22