
Concesión administrativa de uso privativo sobre o albergue "Os Pinos
Fecha Viernes, 09 agosto a las 10:02:29 Tema PHP-Nuke
CERTIFICACIÓN
D. MANUEL LARROSA RODRÍGUEZ, SECRETARIO XERAL DO CONCELLO DE CEDEIRA (A CORUÑA).
CERTIFICO: Que mediante o acordo de PLENO, na súa sesión ordinaria realizada con data un de agosto de dous mil doce foi adoptado, entre outros, o seguinte acordo:
“4.- CONCESIÓN ALBERGUE 'OS PINOS' A ORGANIZACIÓN JUVENIL ESPAÑOLA (OJE)
Vista a proposta de Alcaldía do seguinte teor literal:
"Vista
a petición da Organización Juvenil Española (OJE) de concesión
administrativa sobor do albergue "Os Pinos" (inmoble e fincas anexas
identificadas na petición).
Visto o carácter demanial do mesmo
segundo o inventario de bens municipal, estimando que concorren
circunstancias excepcionais debidamente acreditadas na documentación que
se xunta á petición, proponse vistos os informes de Secretaría e
Intervención:
Primeiro.- Conceder á Organización Juvenil Española
(OJE) unha concesión administrativa de uso privativo sobre o ben
demanial do albergue "Os Pinos".
Segundo.- O obxecto da concesión
é a utilización e aproveitamento dos citados bens para actividades
culturais-deportivas e educación medio ambiental.
Terceiro.- O
concesionario deberá levar a cabo as obras e instalacións, previa posta
en coñecemento e autorización do Concello, que estime necesarios para o
normal desenrolo do obxecto da concesión, que en todo caso non poderán
supoñer alteración estructural nin configuración exterior do inmoble,
excepto as pequenas obras de mantemento, ornato e seguridade do inmoble.
Cuarto.- O prazo da concesión será de 10 anos dende a sinatura do contrato administrativo.
Quinto.-
o concesionario obstentará as facultades inherentes ao obxecto da
presente concesión, e conservará adecuadamente as instalacións,
reparando e repoñendo cando fose nencesario polo seu deterioro, así como
manter informado ao Concello das actividades que leve a cabo, podendo
ser obxecto de explotación mediante as tarifas que o concesionario
estableza e que deberá comunicar ao Concello.
Así mesmo deberá
facerse cargo o concesionario dos gastos derivados dos subministros de
auga, luz, lixo e IBI e demáis gastos e tributos que se deriven da
concesión administrativa, debendo suscribir unha póliza de seguro que
cubra o propio inmoble e as actividades programadas pola mesma, así como
a responsabilidade patronal, carecendo o Concello de relación ou
vinculación algunha co persoal do concesionario.
Sexto.- A presente concesión non conleva subvención de tipo algún por parte do Concello, nin canon por parte do concesionario.
Sétimo.-
O inmoble obxecto de concesión, revertirá ao Concello con todas as
melloras producidas ao remate do prazo da concesión administrativa.
Oitava.-
A presente concesión administrativa poderá ser revocada anticipadamente
no caso de que desaparezan as causas que a motivan, así como de
sobrevir outras que de haber existido, houberan motivado unha
denegación, así como por razóns de interese público municipal
debidamente xustificados.
Novena.- O concesionario deberá
efectuar unha fianza ou garantía polo importe de 6.656,91 euros, no
prazo de quince días hábiles.
Décima.- A presente concesión se outorga deixando a salvo o dereito de propiedade e sen prexuízo de terceiros."
Considerada
a Alcaldía suficientemente debatido o asunto, someteo a votación,
acordando o Pleno do Concello vistos os informes da Secretaría e da
Intervención de datas 20-07-12 e 24-07-12 respectivamente, en votación
ordinaria, por maioría de 7 votos a favor dos Sres. membros do grupo
municipal do P.P. e 4 en contra dos Sres. membros dos grupos municipales
do P.SdeG-P.S.O.E. (2) e BNG (2), o que supón a maioría absoluta legal
dos membros da Corporación prestar conformidade á proposta da Alcaldía.”
E
para que conste, e coa salvidade prevista no artigo 206 do R.O.F.,
expídese a presente certificación de orde e co visto e prace do Sr.
Alcalde en Cedeira, o 6 de febreiro de 2013.
Visto e prace O ALCALDE,
+Info; preme aquí
|
|