Concello de Cedeira - Cultura
Fecha Jueves, 01 agosto a las 19:21:03
Tema PHP-Nuke


Veciños e visitantes teñen unha cita este sábado en Cedeira coa música e o baile tradicional galego. Un ano máis, a Praza do Sagrado Corazón de Cedeira será escenario do Festival de  Verán de Buxainas. O certame, que constitúe xa unha referencia no calendario festivo local, está organizado pola asociación cultural local que lle dá nome e dará comezo a partires das 19 horas. Así mesmo, na súa organización colabora o Concello de Cedeira a través da súa Concellería de Cultura. O Grupo de Gaitas e Baile “Espalladoiro” do Centro Galego de Llodio, en  Euskadi, a Banda de Gaitas da Asociación Cultural Rosalía de Vilaboa e a Asociación Cultural Buxainas integran o cartel do festival. Un festival que abrirá e pechará a entidade promotora. Así, seguindo a música que marcarán as cantareiras, uns noventa nenos e adultos, de catro anos en adiante, subiránse ao escenario para ofrecer ao público as mellores pezas de baile. Por último, dende a asociación Buxainas e o Concello quérese facer unha invitación moi especial a veciños e visitantes para que disfruten, un ano máis, do Festival de Verán.


© 2013 - Concello de Cedeira


Link: Concello de Cedeira






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=2190