Concello de Cedeira - Semana Infantil
Fecha Lunes, 29 julio a las 12:19:48
Tema PHP-Nuke


O Concello de Cedeira reeditará este ano a Semana Infantil. Unha completa programación de actividades deseñada para os máis pequenos da casa como antesala das Festas Patronais da vila. Así, dende as Concellerías de Deportes e Cultura ofreceránse toda unha serie de propostas lúdicas entre o vindeiro martes, 6 de agosto, e o venres, día 9. O escenario elixido será a Praza do agrado Corazón. Así, a primeira delas terá lugar baixo a denominación “Probas Atléticas”. Dende as 11 horas, a citada praza convertiráse nun mini estadio onde nenos e nenas poderán participar en carreiras de velocidade, resistencia e relevos e optar aos premios para os mellores clasificados. Ao día seguinte, mércores 7 de agosto, Cedeira acollerá os “Xogos dos Avós”. Entre as 11 e as 14 horas, o Concello propón esquecerse da videoconsola e recuperar aqueles xogos de toda a vida como o pano, a carretilla, a cadeira ou os zancos, entre outras propostas. As  actividades continuarán o xoves coas “Carreiras do Humor”. Propóñense varias modalidades nas que haberá que ser o máis rápido pero con moita habilidade: carreiras de sacos ou portando un ovo nunha culler. A Semana Infantil concluirá o venres co tradicional concurso de Castelos na area. Dende as 11 horas, nenos e nenas poderán realizar as súas creacións na praia da  Magdalena.


© 2013 - Concello de Cedeira


Link: Concello de Cedeira






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=2189