Concello de Cedeira - BOP
Fecha Viernes, 26 julio a las 08:34:22
Tema PHP-Nuke


ANUNCIO de aprobación definitiva do estudo de detalle das parcelas 21-22 do parque empresarial da Trabe.

O Pleno da Corporación, na sesión ordinaria que tivo lugar o 29 de maio de 2013, adoptou o seguinte acordo:

Aprobar definitivamente o estudo de detalle, presentado por Pablo Alonso Lago (Proyfe, S.L.), en representación de Auténtica Generación Distribuida de Castilla y León, S.L. (AGD CyL, S.L.), co obxecto da ordenación de volumes e agrupación das parcelas 21-22 da zona Z3, subzona 1, do parque empresarial da Trabe, redactado pola arquitecta Lorena Pardiñas Lamas.

Este acordo supón o levantamento da suspensión de outorgamento de licenzas no ámbito regulado polo estudo de detalle.

O acto de aprobación definitiva do citado estudo de detalle foi comunicado á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas o 11 de xuño de 2013, en cumprimento do disposto polo artigo 92.3 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, dándolle traslado, así mesmo, de dous exemplares do instrumento aprobado definitivamente con todos os planos e os documentos que o integran debidamente dilixenciados pola secretaria do Concello.




Contra este acordo plenario, que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñerse previa e potestativamente recurso de reposición no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, ante o Pleno do Concello de Cedeira, de conformidade cos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou directamente poderá interpoñerse recurso contencioso- administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade cos artigos 8, 9 e 10 da Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, de conformidade co artigo 46 da Lei da xurisdición contencioso-administrativa.

Cedeira, 7 de xuño de 2013

Leopoldo Rubido Ramonde
Alcalde

Link: BOPONLIne






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=2184